Daniel Montero
SUEÑOS DE OLIMPIA
España 2025: deporte, mejor sin la política
ARTE ET ALIA
Remata o Ano Castelao trala declaración da Xunta no canto de cumprirse os tres cuartos de século do seu pasamento, o que sucedeu ao día seguinte dos Reises de 1950, en terra de exilio para el e a súa dona Virxinia Pereira en Bos Aires, Arxentina, onde chegaran tralo golpe de Estado militar de Franco e a guerra coa República. Unha programación institucional dende a Xunta, Fundación Castelao e o Consello da Cultura Galega tivo inicio no Panteón dos Galegos Ilustres en Compostela, ante os seus restos trasladados en 1984, xa coa democracia. En Pontevedra, cidade na que viviu, tivo protagonismo pois atesoura a súa arte plástica, con varias salas de exposición no Museo.
Paco López-Barxas publicou dous libros Castelao entre Nós e Os soños de Daniel, e fíxose algunha exposición retrospectiva, como a do Arquivo histórico provincial de Ourense, con primeiras edicións das súas publicacións, caso do álbum “Nós”, obra decisiva para o rexurdimento do galeguismo.
En Ourense, o máis salientable ten sido a intervención deseño do pintor Antón Pulido na Insua dos Poetas, Carballiño, cun monumento centrado na súa coñecida auto caricatura no medio de dúas paredes aos lados que levan debuxos do rianxeiro, completado fai uns días coa fonte e o camiño do Guieiro, un simbolismo de seu para esta poliédrica figura intelectual no artístico e literario, cunha fonda acción social e política como nacionalista de esquerdas no Partido Galeguista, con escano en Madrid tralas eleccións, e participando na elaboración e aprobación do Estatuto de Autonomía para o autogoberno de Galicia en 1936, sendo o seu primeiro presidente. Paco López-Barxas publicou dous libros Castelao entre Nós e Os soños de Daniel, e fíxose algunha exposición retrospectiva, como a do Arquivo histórico provincial de Ourense, con primeiras edicións das súas publicacións, caso do álbum “Nós”, obra decisiva para o rexurdimento do galeguismo. Tivo gran relación coa cidade, pois co-dirixiu a revista Nós con Vicente Risco, compartiu acción política nas Cortes republicanas con Otero Pedrayo, e detrás da publicación de Sempre en Galiza achase o centro ourensán bonaerense.
Coincidiu no tempo, tamén o mesmo aniversario cronolóxico, que pasou en silencio mesmo en Sabucedo de Montes, Cartelle, camposanto no que está enterrado con suma discreción o ourensán Álvaro de las Casas, outra figura galega da primeira metade do século XX. Prolífico escritor de curta vida e presenza entre nós, ao que lle afectou tamén como a Castelao o golpe de estado do xeneral Primo de Rivera en 1923, pois aquel foi desterrado a Badajoz, mentres Álvaro puido fuxir a Portugal. Licenciado en Filosofía e Letras, exerceu de catedrático de instituto en Noia, onde deixou pegada pois fixéronlle en 1975 o Día das Letras galegas. Monárquico e católico, levou a dirección da Biblioteca de Estudios Gallegos, estivo no Seminario de Estudos Galegos e Partido Galeguista, nos primeiros tempos, refuxiándose en Portugal en 1936, e Bos Aires, morrendo en Barcelona ao chegar do exilio. Foi a súa unha vida convulsa, virando no político, o que tamén lle pasou a Cunqueiro. Cun intenso traballo a prol da lingua e cultura galega e portuguesa, non esquece súa terra, que no poemario Sulco e vento, edición Porto, en “Afiador” fala dun conveciño de Pereiro de Aguiar que chegou á India. Mais xaora, en 2026, a Xunta proclamou o Ano Oteriano, (+ Ourense 1976); e a Academia das artes ao alaricano José Suárez (1902-1974), dous esgrevias figuras de berce ourensán.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Daniel Montero
SUEÑOS DE OLIMPIA
España 2025: deporte, mejor sin la política
Xabier Limia de Gardón
ARTE ET ALIA
Co gallo do 75 cabodano da morte de Castelao... e Álvaro de las Casas
Sara Arias Fraiz
DIARIO LEGAL
Rexistro de xornada laboral no 2026
Miguel Abad Vila
TRIBUNA
Épsilon y la estupidez humana
Lo último
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, lunes 29 de diciembre?
ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este lunes, 29 de diciembre, en Ourense
EL TALÓN DE AQUILES
El 60% de los autónomos no consigue cobrar paro cuando cesa su actividad