Afonso Vázquez-Monxardín
O Castro Caldelas e o Ríos, sempre
PINGAS DE ORBALLO
O outro día, lendo o libro “Askja”, do escritor de Pontedeume —máis en concreto de Nogueirosa— Antonio M. Fraga, atopeime cunha frase que me fixo lanzar, coma un lóstrego, o pensamento cara a Baños de Molgas. A frase en cuestión dicía que o licor café é a cocaína dos pobres.
Vaia por diante que son abstemio e que nunca me tirei ós toxos; nin sequera pasou xamais un porro polos meus beizos. Mais iso non é óbice para que non coñeza o poder e a atracción que exerce o licor café. Se pensei en Baños de Molgas foi porque, nos anos da miña infancia -e case podería asegurar que desde que o mundo é mundo-, a miña vila era a patria potestade desa bebida dos pobres. E tamén dos non tan pobres, porque, como a cocaína, o licor café tampouco distingue entre clases sociais.
A frase en cuestión dicía que o licor café é a cocaína dos pobres.
Sabíase que desde o propio Ourense e desde todos os puntos cardinais, cando menos da xeografía galega, se desprazaba xente para tomar unhas copiñas de licor café xunto ó Domarco, tío do coñecido humorista e showman Moncho Borrajo.
Hoxe, se un pasa por xunto ó balneario, xusto enfronte da casa do Domarco, pode ver coches aparcados na estrada. Antigamente, os que ocupaban aquela recta eran as xuntas de vacas cos seus carros e arados, ou os burros atados ás árbores da beirarrúa, mentres os donos, os labregos facían parada na tenda do Domarco para tomar a súa copiña de licor café, o seu almorzo.
Se para Antonio Manuel Fraga era a cocaína dos pobres, para os de Baños de Molgas era, ademais, o almorzo. Ver aquela ringleira de carros aparcados constituía unha estampa auténtica, desas que non pasan desapercibidas e que quedan gravadas na memoria.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este sábado, 11 de abril
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: sábado, 11 de abril