Eduardo Medrano
Motín de Esquilache
Collo a conciencia e, con pachorra, case con nugalla, déixoa no chan. Doulle unha patada e mándoa a rañala, a sementar fabas. Arestora xa non a teño. Quen ten hoxe conciencia? Ou principios, crenzas, conviccións, ideas? Cada un búscase a vida como pode, incluso arrastrándose polos versos enredados, enmarañados dun soneto. Agora tampouco é plan facer poesía dunha conciencia atrapallada, trangalleira, rota.
Non quedando contento, marchei correndo á palleira para coller pico e pa e intentar enterrar definitivamente a esa conciencia golpeada, escarallada e sen folgos xa para opinar ou deixar de opinar. As conciencias non opinan... actúan; para ben ou para mal, pero nada máis.
Ó baleiro no que nada hai, no que nada se sente e no que nada se pode facer
Co pico cavei sobre os soños que algún día tiven nun ir e vir descontrolado e sempre coa infancia facéndome sombra. Algo tamén lle tocou á adolescencia. Coa pa liberei os pesadelos que por veces asomaban entre os poemas que pensaba que tiña escritos, cando, na realidade, todas as páxinas estaban en branco.
Enterrada xa toda a conciencia e todo o que albergaba esta, realicei unha misa de réquiem desde os outeiros do peito. O amén final foi como un ouleo no que o silencio incluso tremeu de medo. Tanto medo colleu que se lanzou ó baleiro. Ó baleiro no que nada hai, no que nada se sente e no que nada se pode facer. Agora cada quen que acomode, que adapte a conciencia -se a ten- ó seu albedrío, á súa vontade. A miña insulteina, malleina e enterreina. Así, xa podo dicir definitivamente que son coma o soneto sen versos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
AL MENOS UN HERIDO
Una colisión entre dos coches provoca retenciones en Rabo de Galo, Ourense
CÚMULO DE LESIONES
Totó, el pulmón del Allariz
LOS LIBROS QUE LEO
"Cartas a un joven poeta" para una búsqueda de la paz interior