A complicidade cos acosadores

Publicado: 22 feb 2026 - 07:05
Lalo Pavón.
Lalo Pavón. | La Región

A vida pública española vive unha situación pandémica de acosadores e sinvergonzas, que no cómputo xeral seguramente son poucos, pero que a capacidade multiplicadora dos novos sistemas de comunicación, fan que a sensación pareza andazo; é unha inxustiza, posto que a inmensa maioría da sociedade -tamén a española- condúcese con proba conduta e non merece a tentación existente de confundir a parte co todo. Porén, non é menos certo que os casos que saen a luz son moi chamativos pola relevancia da actividade que levan a cabo os sinalados ou pola gravedade das falcatruadas cometidas e o dano que causan ás vítimas.

A estas alturas todos temos claro do que estamos falando sen marxe para o erro. Ocorre que polo medio métense outros aspectos que trufan a calificación diáfana do mal causado. Por exemplo, no eido político, cando o golfo, corrupto e, en definitiva, delincuente (poña vostede o feminino onde corresponda) metido na lama ética ou económica -onde hai corrupción sempre hai diñeiro ou poder, ou ámbalas duas cousas, polo medio. Para os inimigos -na política xa non hai rivais- os feitos serán dunha gravidade intolerable, mentras que se fose o suposto contrario, o correlixionario merece o beneficio da dúbida, cando non a incredulidade fronte a os cargos atribuidos. Curiosamente, a realidade é que a historia da golferancia está nutrida de protagonistas dun lado e outro do espectro político.

"Mentras o veto social non sexa implacable con quenes vulneran o sagrado respecto a outra persoa estaremos dificultando o avance cara a verdadeira igualdade."

Fagamos pois abstracción da filiación dos sinalados e coas presuncións de inocencias ás que haxa lugar (os Koldos, Ábalos e similares, xa non teñen quen arrime un dedo ó lume por eles), persoeiros como o exsegundo de a bordo da Policía Nacional de quen compañeiros e algún colectivo defenden a sua integridade ao mesmo tempo que outras organizacións e profesionais destacados sinalan que era casi vox pópuli a afición deste home ao acoso de subordinadas e a enchufar amigos, co mesmo empeño co que denostaba aos que non o eran e tiñan aspiracións.

Que pode levar dende a condición de amigos a defender ou xustificar falcuatruadas? Manterían os benevolentes e comprensión dende a condición de pais, nais, parellas, fillos, irmáns, etc., dunha vítima fronte aos mismos sinalados que defenden, sexa en Móstoles ou na Policía Nacional? Evidentemente, non. De onde vén esa tendencia á complicidade cos acusados de feitos tan deleznables? Mentras o veto social non sexa implacable con quenes vulneran o sagrado respecto a outra persoa estaremos dificultando o avance cara a verdadeira igualdade. O peor é que a estas alturas, en 2026, estamos máis cerca de ir a Marte que de acabar cos abusos.

Contenido patrocinado

stats