Carlos Risco
LA CIUDAD QUE TODAVÍA ESTÁ
La puerta azul de la rúa do Vilar
TÍA MANUELA
Os pobos sangran polas feridas dos seus feridos, daquela (ou desta) xente acoitelada, accidentada, maltratada, mal coidada e encurralada cos máis vulnerables, con nós mesmos, con todos os que aínda teñen ganas e posibilidades de vivir. No artigo da semana pasada, el “choraba como un tolo”, nesta semana as bágoas saen da alma e van directamente para o inferno, do que ninguén sabe nada.
Chamúscanse alí e alí arden como cirios de cera, para recordo de ninguén. Se é o caso, para lembranza das “almas perdidas”, da irmá que morreu preñada de sete meses, do amigo da alma ou do cadelo, “ao que máis quero”. Ao escoitar tanta xenerosidade animal, algúns poñerán en marcha a redacción dun decreto que obrigue á cidadanía a viaxar co ADN da súa mascota, aínda que teña un elevado porcentaxe da coincidencia co seu. As certezas son sempre convenientes.
Parece que o accidente, polas razóns que fose, fixo cambalear a confianza “nunha das redes ferroviarias máis modernas de Europa”.
Ninguén podía imaxinar un accidente ferroviario con tantas vítimas, con tanta dor, con tanta escuridade e tanta penuria, nun camiño sen retorno. Ninguén pensaba nun recordatorio instantáneo dos incumprimentos con respecto a accidentes ferroviarios anteriores, dos que hai unha longa listaxe de espera. Homes e mulleres agardando pola xustiza, polo alivio e polo cumprimento dos deberes.
Dende a órbita política, os máis valentes queren máis valentía, os máis cautos queren cautela e prudencia e moitos queren verdade, claridade, razón e vida. Parece que o accidente, polas razóns que fose, fixo cambalear a confianza “nunha das redes ferroviarias máis modernas de Europa”. Alá vai a tristeza atada e ben amarrada aos ollos, ao corazón e ao mesmo ser dos que choran polas feridas na alma súa e no corpo dos feridos mortos.
Dende esta modesta tribuna xornalística, queremos ofertarlles amizade de verdade ao pobo de Adamuz e de toda Andalucía, a todos os voluntarios e cooperadores para aliviar esta traxedia de morte, impotencia e rabia, e moi especialmente, a todas as vítimas, aos millóns de vítimas da barbarie e da atrocidade. Como di a Tía Manuela, as autoridades deberían pararase e pensar, deixarse de alardear de tanto poderío, de tanto armamento, de tanto negocio, de tanta miseria e camiñar libremente coa xente cara un mundo máis próspero e, xa que logo, máis libre e máis feliz. Amigos, se lles parece, quedamos niso!
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Carlos Risco
LA CIUDAD QUE TODAVÍA ESTÁ
La puerta azul de la rúa do Vilar
Fermín Bocos
La tragedia del tren
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
Un chiste de mal gusto
Luís Celeiro
TÍA MANUELA
Cómpre pararse e pensar
Lo último
LA FATALIDAD DEL ÁNGULO MUERTO
Un acusado de atropello mortal en Ourense: “Se puso delante y no lo vi”
"EL PAPãO DAS TAÇAS"
Moncho López del COB, el “rey de copas”, quiere ganar otra en Palencia
COMIENZAN LAS CONSULTAS
El servicio de dermatología del CHUO se estrena en el Santa María Nai