Jenaro Castro
MORRIÑA.COM
El desembarco de Simón
DIARIO LEGAL
Existen diferentes tipos de responsabilidades. En primeiro lugar, administrativa, sobre a responsabilidade en materia de protección de datos, a Agencia Española de Protección de Datos, AEPD, elaborou un interesante documento ao respecto, no que advirte de que, a difusión de datos especialmente sensibles dunha persoa física (en contidos tales como imaxes, audios ou vídeos de carácter sexual ou violento que permitan identificala), publicados en diferentes servizos de internet sen consentimento, se considera un tratamento ilícito de datos persoais. A referida AEPD, é competente para investigar este tipo de actuacións e incoar o correspondente procedemento sancionador, tanto contra quen obtivo ilicitamente os datos (imaxes, vídeos, audios etc...), contra quen, sen habelos obtido, os difundiu ou contra quen, contribuíu á difusión, por exemplo, reenviando. Estas conductas pódense sancionar con multas económicas importantes.
En segundo lugar, sempre que se salve o principio non bis in indem, en virtude do cal, unha mesma conducta non pode ser castigada dúas veces, pode existir responsabilidade penal, nos casos coñecidos como “sexting, ciberacoso ou ciberbullying”. Sendo un caso habitual, cando alguén, publica no seu perfil en redes sociais, varias fotografías íntimas da súa exparella, tomadas inicialmente co consentimento de ambos cando aínda existía relación sentimental. A relación remata e esa persoa procede a enviar esas imaxes a distintas asociacións das que a súa exparella é membro, sendo reenviadas por outros integrantes destas asociacións. Esta conducta está tipificada como delito no artigo 197.7 do Código Penal. Se os autores, son menores, pero maiores de 14 anos, aplicaráselle a Ley Orgánica de Responsabilidad Penal del Menor (LORPM), a cal impón medidas como internamento en réxime cerrado, semiaberto ou aberto, internamento terapéutico, asistencia a un centro de día para realizar actividades de apoio, educativas, formativas, laborais ou de ocio, permanencia de fin de semana no domicilio ou nun centro, liberdade vixiada, prohibición de aproximarse e comunicarse coa vítima ou cos seus familiares, etc...
Sendo un caso habitual, cando alguén, publica no seu perfil en redes sociais, varias fotografías íntimas da súa exparella, tomadas inicialmente co consentimento de ambos cando aínda existía relación sentimental.
En caso de menores de 14 anos, de acordo con artigo 3 da referida LORPM, non se lles esixirá responsabilidade, ao ser considerados inimputables, sen perxuizo de estar igualmente obrigados a responder civilmente, solidariamente xunto cos seus pais/nais ou titores, polos danos materiais e morais causados.
E por último, sempre será compatible coas dúas anteriores responsabilidades, a responsabilidade patrimonial, debendo indemnizar á vítima polos danos e prexuízos que se deriven da conducta ilícita, tanto materiais como morais. No caso de menores, responderían solidariamente con eles os seus pais/nais ou titores, tanto sexan maiores ou menores de 14 anos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Jenaro Castro
MORRIÑA.COM
El desembarco de Simón
Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada: Ahorro ourensano, ¿economía saneada o estancada?
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Tartufo
Berto Manso
LA OPINIÓN
Misión cumplida
Lo último
REAL DECRETO-LEY
Luz verde a un copago más progresivo de las medicinas
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este miércoles, 13 de mayo
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: miércoles, 13 de mayo