Construcións para a auga, fonte lavadoiro en Palmés

ARQUITECTURA POPULAR

Publicado: 08 oct 2026 - 05:50
Opinión en La Región.
Opinión en La Región. | La Región

Os datos

Coordenadas: 42º21´13” N – 7º 56´30” O

Situación: Espazo público de Santa Comba de Navés, Palmés.

Estado de conservación: Regular.

Protección: P.X.O.M. do Concello de Ourense.

A auga é un dos elementos imprescindibles e vivificadores para o desenrolo da vida cotián do ser humano; desta circunstancia xurde a necesidade da súa captación e uso en multitude aplicacións. Fundamentalmente existen catro métodos para a obter a auga do interior da terra: fontes, pozos, mananciais e minas, sendo os primeiros os máis utilizados no noso agro, podendo ser este de titularidade privada como comunal.

Pola súa importancia tanto para a vida, casa así como nos labores do agro, este prezado e necesario elemento, resulta insubstituíble e vital sendo dende sempre buscado e rendida culto relacionado con fermosas lendas e historias frecuentemente moito delas divinizadas.

Entre os diversos e variedades tipos de elementos de extracción da auga existentes no agro galego o constitúe a fonte de cano sendo o tipo máis elemental dos enumerados anteriormente.

Esta modalidade consiste basicamente nun muro de pedra, xeralmente ben traballado, de configuración variada, nalgúns casos que conta con motivos ornamentais ademais de figurar ocasionalmente no seu fronte a data da súa ergueita. Dispón, xeralmente de dous canos de saída da auga cara o exterior podendo ser tanto estes tanto de pedra como de metal que son os encargados de que conducir o prezado líquido cara un nivel inferior da fonte.

A fonte de cano con lavadoiro do bonito pobo de Navés, en Palmés, sitúase no campo público entre os casaríos do lugar componse dun muro frontal formado por dúas pezas de cantería, a superior rematada en forma de elipse; conta cunha pía rectangular na súa base formada por dous tanques rectangulares situados a ambos lados da fonte, un deles máis estreito co outro de forma xeometría cuadrangular, que é o que se empregaba anteriormente para o lavado da roupa; dispón este de lousas empedra inclinadas lisas para tal traballo de rastreo da roupa segundo tanto de reflectir no sinxelo debuxo que se acompaña. A auga chega a este último a traveso dun cano de granito de sección rectangular.

Esta modalidade de limpeza caseña utilizado noutra época como elemento de limpeza era moi utilizado polas mulleres rurais que concorrían frecuentemente dando lugar a animadas conversas sobre acontecementos ocorridos nas aldeas e, nalgúns casos acompañadas de diversos cantos de tipo popular foi modernamente desprazado polas modernas maquinas de lavar, polo que a vella e popular modalidade perdeu a súa función hixiénica quedando sinxelamente como singular elemento etnográfico digno da súa conservación e protección.

Contenido patrocinado

stats