Fernando Jáuregui
TRIBUNA
Cumpleaños ¿feliz?
Como saben os meus lectores -malo será que algún non haxa– non me importa pisar charcos. Creo que os que opinamos nos medios debemos expresarnos libremente para que o lector faga a súa propia idea. E o tema, á parte de ser poliédrico, tamén ten espiñas.
A intención do presidente da Xunta de controlar as baixas laborais é un tema complexo. A bote pronto, creo que é unha medida clave na defensa dos dereitos dos traballadores. Porque como sabemos todos, o traballo non desaparece cando hai alguén de baixa, senón que se traspasa aos que ten ao lado. E na marcha normal da sociedade non adoita haber problemas. O malo é cando se abusa. E canto se abusa? Que porcentaxe de mangantes hai acubillados nas baixas que repercuten no traballo dos outros traballadores? Pois non teño datos para saber se é un problema real, grave, ou se é un problema inventado para tratar de vincular á xente máis traballadora coa dereita, pois o de esforzarse, en Galicia, sempre tivo valores positivos.
Lembro o refrán “Na terra deste home, o que non traballa non come”. E na miña experiencia laboral, teño que dicir que a inmensísima maioría do profesorado co que convivín traballaba ben e moito. Pero a unanimidade non existe. E dá igual que sexan médicos, albaneis, policías, fontaneiros, panadeiros... ou xente de baixa. Sempre os haberá dunha maneira e doutra. Pero a desvalorización do esforzo e do traballo é moi perigosa. Lembro a campaña de Yolanda Díaz, cun cartel dun tipo estumballado nunha hamaca, co lema “Trabajar menos, vivir mejor”.
Co acceso universal á información e formación o compoñente actitudinal é clave no éxito
No futuro, seguro, haberá unha semana laboral de tres días -hai que repartir o traballo para que uns non vivan doutros e termos tempo para desenvolver outras destrezas máis manuais- pero é horroroso que se desconsidere a que debe ser a única vía lóxica de promoción social lexítima: o traballo e esforzo, combinado coas nosas capacidades persoais. Porque tamén esa estupidez de que “se te esforzas podes conseguir o que queiras” é só unha fonte de frustracións. Temos capacidades, forzas e vontades distintas, por iso o único que cómpre é amortecer no posible son as implicacións económicas familiares nas distintas promocións sociais.
Pero hoxe, co acceso universal á información e formación -bibliotecas, ensino, redes para todos- o compoñente actitudinal é clave no éxito: a capacidade de esforzo, a intelixencia natural, e o fixarse metas realistas por camiños positivos. Eu non podo ser miss Ourense, nin simplemente muller, pero tampouco vou gañar ningún campionato de matemática e seguirei sendo un afeccionado á historia e a escribir, nunca un gran escritor nin historiador. E tan contento e feliz. Porque un ten que valorar o que ten, máis que fixarse no inalcanzable. E debe valorar o traballo como unha parte fundamental da vida, de realización, de integración social, non como un mal divino no que hai que ter trato cun explotador empresario ou administración inimigo natural e saco sen fondo. E se non quero traballar, pois que me dean unha paga por vivir.
E en canto á nosa saúde e aptitude, hai moitas formas de vérmonos. Hai quen cun catarriño de nada se funde e outros que van a traballar cun brazo roto. Hai médicos que regalan baixas como caramelos e outros que nin que lle vaias coas tripas fóra. E nin unha cousa nin a outra. Autocontrol e control, si tamén. Sempre admirei a Wolfgang Schäuble, aquel ministro alemán -nado en 1942- negociador da reunificación, ao que lle ferraron un tiro na columna o 12 de outubro de 1990 e quedou nunha cadeira de rodas. O 10 de xaneiro seguinte reincorporouse ao seu posto; dicía que non lle deran na cabeza, así que non vía problema en seguir co traballo. A educación para a resiliencia é clave. E un que viña do inferno da II Guerra Mundial apreciaba ben o tempo. E si, no choio vivimos a vida de verdade fóra da burbulla familiar. Con alegrías e decepcións. Como a vida mesma. Sen máis.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Fernando Jáuregui
TRIBUNA
Cumpleaños ¿feliz?
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
4.812 turistas en lata
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Dom Pérignon
Itxu Díaz
USOS Y COSTUMBRES DEL VERANO
Los selfies de la comida: el gran juego del postureo de verano
Lo último
ADERCOU Y SIL BIBEI NAVEA
Los GDR defienden la candidatura de la Ribeira Sacra en la Unesco
MÁS DEPORTE
Reyes y reinas de la doma en Galicia