Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada, Jácome, la inutilidad al mando en Ourense
Pingas de orballo
Que corra o aire, díxome Eusebio Poedo. Parece que me achegaba moito a el. Pero tiña que achegarme a causa da súa xordeira. Había que berrarlle ó oído. Tamén é verdade que, cando lle interesaba, oía de carallo. Se lle dicías isto, ríase. Non era parvo.
A Eusebio Poedo chamábaselle O Filósofo. Tiña os seus razoamentos e os seus discursos. Notábase ás leguas que rebuscaba as palabras e que lle puña moito interese ó que dicía, ó que contaba. E sempre remataba as frases, os discursos cun “entendes ou non entendes?”. Quizais o alias sería mellor o de O Entendido, pero O Filósofo tampouco lle desentoa.
Que corra o aire, díxome de novo. Eu sorrín, el riu e falamos da calor e dos incendios. El filosofaba co asunto e eu meneaba a cabeza coma os parvos
O Filósofo era fillo da Claudina, A da Serra, e de Olegario, O Cordal. Deus críaos e eles xúntanse. Así pasa con moitos. Eusebio, de pequeno, deulle unha patada a unha bolsa abandonada, nun recanto dunha leira dos Caneiros, que tiña dentro un artefacto dos tempos da Guerra Civil e que, co golpe, estoupou. Co estalido, os oídos do Filósofo quedaron un pouco para o arrastre.
Desde aquel momento, ou se lle berraba ou se lle bisbaba ó oído. Desta maneira había que achegarse moito. El dicía que correse o aire. Pero se querías que seguise a conversa non quedaba outra que pegarse a el. Cando se borboriñaba a uns metros del, por veces si oía o que lle conviña.
Que corra o aire, díxome de novo. Eu sorrín, el riu e falamos da calor e dos incendios. El filosofaba co asunto e eu meneaba a cabeza coma os parvos. Iso si, a pesar da advertencia, achegado a el.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada, Jácome, la inutilidad al mando en Ourense
Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
El sintecho que nunca volvió del frío
Manuel Orío
RECORTES
De uno y otro lado
Itxu Díaz
EL ÁLAMO
La pesa del aizkolari
Lo último
CONFLICTO DE ORIENTE MEDIO
Cuerpo anuncia medidas fiscales para contener el precio de la energía y ayudas al campo y al transporte