Jesús Prieto Guijo
LA OPINIÓN
El cielo es de Neira
PINGAS DE ORBALLO
Chámome Agapito Menéndez e son o que corta o bacallau na miña aldea. Son o único habitante dela. Vivo só; sen muller, sen fillos, sen pais. Solteiro. Só.
Hai anos xa que marchou o último veciño, o Silabario. Un día petou na miña porta e díxome: “marcho, que teño que marchar”. E nin sequera nos demos a man. Eu pensei que quería dicir que marchaba facer algún recado e que volvería ó pouco. Pero non volveu.
Vivo só. Con tres vacas e un burro. A aldea é toda nosa. Non hai valados, nin marcos, nin arames, nin fronteiras. Saco as vacas da corte ó amencer e vou por elas cando xa case non se ve. Ás veces, nin iso: elas mesmas, ó caer a noite, recóllense soas. O burro adoita ir detrás delas.
Vivo só e entretéñome cunha televisión -iso si, de cincuenta e cinco polgadas- e con algún que outro libro que, de cando en vez, me trae o panadeiro. Son libros de segunda man e, algunha vez, mesmo se digna achegarse á biblioteca. Alí, como xa coñecen os meus gustos, prepáranme unha remesa. A xente, no fondo, quéreme.
Quéreme, malia que non son dos que baixan á vila a miúdo. Que va! Ás veces paso meses sen baixar e, cando o fago, é máis ben para abastecerme. Non son de meterme nos bares nin de parolar cos veciños. Xa de seu sempre fun un home solitario e agora estou máis que afeito á soidade.
Baixo da aldea porque vivo no alto de todo da serra, no derradeiro lugar que queda cara ó poñente. Baixo sempre co Uriarte, o meu can, e, cando teño que subir peso, levo tamén o burro.
E tan feliz.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Jesús Prieto Guijo
LA OPINIÓN
El cielo es de Neira
José Luis Gómez
CUENTA DE RESULTADOS
Ferrol, puerta china a Europa
MI PLAN PERFECTO
Redacción escolar
Jenaro Castro
TRAZADO HORIZONTAL
El sueño de una noche de verano
Lo último