Xose A. Perozo
PENSAR POR PENSAR
A emigración e un señor dos Peares
Tendo en conta as dificultades e sacrificios que implica eliminar os contaxios do Covid-19, todo indica que o proceso de normalización do traballo e da vida das persoas levará seu tempo. Terá un carácter progresivo, e non será total até que exista unha vacina, mesmo que se reduzan os contaxios aos casos importados, o que nos homologaría á situación de China. Sen dúbida a “desescalada” da emerxencia sanitaria farase de vagar, e a “reconstrución” plena da actividade económica tamén.
Neste último aspecto, segundo o FMI a economía do Estado español (EE) caerá este ano un 8% e o desemprego atinxirá o 20,8% por mor do Covid-19. Son dados preocupantes se temos en consideración que había unha expectativa de que o PIB medrase este ano arredor do 1,6% e a taxa de paro era do 13,9% a finais do 2019. Pra o ano 2021 o FMI anticipa un crecemento da economía no EE do 4,3% e un recuar do desemprego até o 17,5%. Daquela segundo estas hipóteses a recuperación sería parcial e tería que pasar máis un ano crecendo a este ritmo pra volver á situación previa á da pandemia. Os prognósticos pra o resto dos países da eurozona son moi semellantes. Na mesma liña a OMC destaca unha caída do comercio internacional pra este ano, de entre o 13% e o 32%, unha banda moi larga que amosa as incertezas sobre a evolución do virus e seus efectos sobre a mobilidade de mercadorías e persoas.
Sería un retroceso histórico, moi superior ao que se deu inicialmente en calquera das crises que padecemos dende a Segunda Guerra Mundial, por exemplo na última o PIB caeu un 3,6% no ano 2009. Son dados a termos en conta polas consecuencias sociais, xa que significa un aumento moi grande do desemprego e da pobreza, e un enfraquecemento considerábel do tecido empresarial, que obriga a outorgar axudas, prestacións e nacionalizacións moi fortes por parte do erario público.
Agora ben, existen moitos interrogantes respecto da duración da crise e da súa intensidade, por exemplo: até que punto o turismo, restauración, transporte e outros sectores, volverán a un grao de actividade semellante á de 2019? Conseguilo non sería algo doado. Un directivo da restauración e hostalería de Guipúzcoa dicía que os estudos que tiñan realizado levaban a pensar que demoraría de catro a cinco anos volver á situación anterior á pandemia, xa que ían influír tres aspectos negativos na recuperación: o empobrecemento da UE, a modificación dos hábitos sociais por mor do virus, e a caída do turismo. Evidentemente non será así en todas as actividades, mais son valoracións sectoriais a termos presentes, tamén na Galiza. E aínda que fose posíbel superar en termos macroeconómicos estes atrancos rapidamente: sería garantía da construción dunha economía sustentábel e nun mundo que ofreza seguridades?...
En resumo, ademais de optimizar o sistema sanitario, mellorar radicalmente as residencias da terceira idade, e acordar axudas ás persoas asalariadas, autónomas é ás empresas, pra saír do período de emerxencia, cómpre realizar cambios de fondo no sistema. O Covid-19 amosou dun xeito moi claro o que implica a globalización neoliberal coas súas hipotecas, de: desigualdade, precariedade, caída dos salarios, metrópoles xigantescas, desequilibrio territorial, deslocalización da produción, turismo de masas, privatización de sectores e empresas estratéxicas... Cómpre unha transformación a fondo do sistema económico e social! Hai que facelo pra evitar que os vindeiros virus, desastres ecolóxicos, guerras por cobiza, e os delirios de poder, corran máis rápido que a intelixencia, xustiza e solidariedade das persoas; e ademais o fagan favorecidos por avances técnicos, que por falta de visión de conxunto e sensibilidade social, terminan estando ao servizo da destrución da humanidade.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xose A. Perozo
PENSAR POR PENSAR
A emigración e un señor dos Peares
José Luis Fernández Carnicero
DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE
Os mortos vivos
Rafael Dávila Álvarez
Pulpo á feira
TAL DÍA COMO HOY
Museo del Hermitage
Lo último
ESCASEZ DE MÉDICOS
La sanidad agita el pleno municipal de Carballiño
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este viernes, 6 de febrero