Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Animales
DENDE SEIXO-ALBO
Resultan penosas as imaxes que saen nos medios de comunicación e nas redes sociais da situación que na actualidade vive Cuba. O lixo nas rúas e as vivendas moi desfeitas sinalan que, a pesares do que digan aínda os que defenden a ditadura dos Castro, o sistema no que o estado é o dono de todo, ou si prefiren a chamada Revolución comunista, colapsou e foi na súa totalidade un fracaso total. Falando con algúns cubanos que andan por estes lares comprobei que descoñecían moitas cousas do pasado da illa e polo tanto da situación de antes da chegada de Fidel e os seus acólitos ó poder.
Tamén deducín que a estes roubáronlle ou agocháronlle unha parte importante da historia da súa terra, pra logo venderlle as marabillas do comunismo. Pois non sabían que Cuba antes da independencia era unha provincia de ultramar con representación política nas cortes e cos mesmos dereitos que os españois da península, aínda que neses anos moitos vían a illa e actuaban como se fora unha colonia. Tamén que a illa tiña un nivel de vida moi superior ó actual antes da revolución dos Castro. Cuba tiña unha moeda que se equiparaba ó dolar americano e moitos máis temas positivos que, por espazo, non vou sinalar. Incluso, na época de Batista, con todos os defectos e tiranías, o nivel de vida era moi superior ó de hoxe.
Os tempos de que o estado sexa o dono de todo ou actúe como un capitalista que acorda coas empresas estranxeiras pra que invirtan no pais, e logo lle pague el os empregados xa non valen
A deriva ó comunismo non foi nada máis ca unha fuga que levou á illa cara a situación actual. Situación hoxe máis agravada polos derradeiras decisións do ególatra, narcisista e aspirante a ditador Trump. Con todo, o certo é que a illa máis grande do Caribe viviu dende hai moitos anos coa cantinela do bloqueo que non era nada máis ca un embargo por non pagar as expropiacións que Fidel lles fixo ós americanos. Máis como iso xa é auga pasada, compre centrarse no presente. Polo que hai que deixar claro que Cuba sempre estivo suxeita ás axudas que lle daban países que tiñan un enfrontamento co xigante americano. Pero, dende a caída ou desfeita da Unión Soviética e o camiño que tomou Rusia cara a economía de mercado, Cuba non soubo camiñar cara unha socialdemocracia e buscou outros amigos que lle axudaran a seguir sobrevivindo. Un deles foi Chavez. Mais as cousas trocaron coa caída de Maduro e hoxe a situación levou ó pais a un estado penoso e lamentabel. Non comparto as accións do caprichoso Trump, mais estas sacaron á luz o estrepitoso fracaso e a precariedade na que viven os cidadáns da illa.
Diante esta encrucillada, sabedores de que a oposición, pola cerrazón, a represión e a fuga do pais de millóns de cidadans non ten capacidade pra forzar e asumir un cambio político, e todo queda en mans dos que mandaron ate de agora. E por iso diante das contrariedades a illa atópase nun canellón sen saída. Polo que pode que aconteza algo semellante ó que pasa en Venezuela e o réxime teña que autoinmolarse e comenzar a facer reformas que deixen no esquecemento unha historia que empezou no 1959.
Os tempos de que o estado sexa o dono de todo ou actúe como un capitalista que acorda coas empresas estranxeiras pra que invirtan no pais, e logo lle pague el os empregados xa non valen. Mais para que todo eso mude compre que os cubanos deixen no pasado a súa maneira de pensar. Pois todas as ditaduras o primeiro que fan ó tomar o poder é adulterar a historia debuxando un mundo feliz que despois de tantos avatares e mentiras levou a este estado a un deterioro que custará anos revertir. Culpar ós demais de todos os males, e agochar a incapacidade dunha clase dirixente preñada de favores pra controlar ó resto dos cidadáns, axudou a que un réxime utópico vivira sempre atado á resistencia. En fin, Cuba atópase nunha encrucillada da que soamente ten unha saída: deixar atrás o fracaso dun réxime que, ano tras ano, empobreceu e levou ó pais á situación actual. Esperemos acontecementos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Animales
Jenaro Castro
MORRIÑA.COM
El rufianazo sanchista
Fernando Lusson
VÍA DE SERVICIO
Un estado de ánimo
Manuel Herminio Iglesias
DENDE SEIXO-ALBO
Cuba na encrucillada
Lo último
FALTA DE COMPROMISO
Transportes descarta reponer las paradas del AVE en A Gudiña
EXPOSICIÓN DE ARTE
Acisclo Manzano inaugura en Santiago su homenaje al maestro Mateo
CÁMARA OFICIAL MINEIRA DE GALICIA
La provincia de Ourense suma cuatro nuevos destinos de interés en torno a su patrimonio minero y geológico
TERCERA FEDERACIÓN
Agustín, el entrenador del milagro en la CD Barco