Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
La farmacia Cobain
A cita bíblica "é máis fácil para un camelo pasar polo ollo dunha agulla que para un rico entrar no reino dos ceos" sérvelle á habitual actriz Valeria Bruni Tedeschi, que debuta como directora en "É máis fácil para un camelo…" (2003), para discorrer case de forma cómica sobre conceptos como a caridade, o remordemento, o comunismo, a alegría de vivir e a dor da morte.
Así, cunha gratificante sinceridade, personaxe e artista chegan a confundirse nunha obra dunha enguedellada sinxeleza.
Bruni Tedeschi, italiana que desenvolveu a súa carreira entre Francia e o seu país, é unha das aparentemente feas máis guapas do cine europeo grazas a un deses dondos, azucrados rostros que provocan que, faga o papel que faga, sempre inspire tenrura e empatía no espectador. Ademais, o sentido común parece guiar "É máis fácil para un camelo…", unha película escrita, dirixida e protagonizada por unha muller católica que non semella conformarse coa confortable calor que lle ofreceu a existencia. "É pecado ser rica, inmensamente rica?", pregúntase a filla dun poderoso empresario que vive das rendas. "Unha cousa che falta; anda, vende todo o que tes e dállo ós pobres. Así terás riquezas no ceo", daríanlle como resposta os Evanxeos.
Un consello dificilmente executable nos tempos que corren. Non obstante, é entón cando o desasosego comeza a acaparar máis e máis espazo na conciencia relixiosa desta muller que, para máis aquel, está namorada dun comunista que leva tempo inculcándolle algo máis que cariño e compañía.
A fantasía é outro dos elementos que poboan o filme. A medio camiño entre o simbólico e o surreal, a película está dotada dunha estraña maxia que permite que non se derrube a pesar dos enormes riscos que toma na narración. Bruni incluso é capaz de provocar a risa cunha magnífica escena final que amosa o lado cómico que pode ter ás veces a morte ou, máis ben, a chafallada toda que a arrodea. E é que á hora do tránsito, ata o corpo do home máis rico debe sufrir as inclemencias da burocracia.
Para ser o debut como realizadora da actriz, non lle tremeu o pulso e rodou unha bonita película moi agradable de ver.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
La farmacia Cobain
Emilio R. Portabales
TRIBUNA
O teatro de Xavier Prado Lameiro e a Coral De Ruada
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
La mujer del presidente
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE PRIMAVERA
Todas las parejas felices son inesperadas
Lo último
¡BUONE VISIONI!
Portobello
LE ESPERA EL CENTED
El Celanova pisa las semis (1-3)
900 METROS CUADRADOS
El nuevo espacio de empleo de Carballiño sale a licitación
SEMANA SANTA
Pasión con la Legión y su Cristo de la Buena Muerte