Sonia Torre
MI PLAN PERFECTO
Días en el pantano
Somerset Maugham posuía unha interesante teoría literaria segundo a cal, para escribir un bo libro, un deses libros imborrables, eternos, existen tres regras que hai que cumprir. Nada máis que tres regras. Cales? Aí está o problema. Maugham completa a teoría sinalando que, desgraciadamente, ninguén sabe cales son. Esta reducionismo metodolóxico de grande espectro permite explicar como hai que facer para forxar toda gran creación, sexa no ámbito literario, artístico, social, económico ou etcétera. Na vida, calquera posibilidade de alcanzar a solución dun problema complexo ?ou menos complexo? pasa habitualmente por seguir ao pé da letra unhas instrucións que, por unhas circunstancias ou outras, non existen. Eis a putada.
Talvez non o pareza, pero a nosa existencia consiste, en esencia, nunha busca do xeito de definir nunca en máis de tres instrucións cómo se conquistan os soños. Este ambicioso plan para desentrañar en tres únicos pasos ?catro serían moitos? os segredos do éxito brota da convicción de que, no fondo, cremos que o obxectivo é sinxelo. Por iso non traballamos sobre un decálogo, por exemplo. Para que dar dez pasos podendo dar tres? A cousa é tan fácil ?pensamos? que con tres regras abonda. Na natureza íntima do individuo están a velocidade, que busca os camiños rectos e despexados para acadar antes a meta, e o principio de economía, que establece que as explicacións nunca deben multiplicar as causas sen necesidade. Pero as regras resístense, e aínda que sexan elementais, e seguramente son elementais, agóchanse. Feito que produce un efecto curioso, xa que pensadas para que os homes toquen o trunfo coas mans, en realidade serviron para disparar o fracaso en todas as direccións.
Non saber como se fan as cousas perfectas ?a menos que sexa por un azar, un accidente, un erro? permitiunos avanzar na propagación da chafallada. Algo non necesariamente malo, pero si contrario ao propósito inicial. Fronte á imposibilidade de conquistar unha gran obra seguindo tres míseras pautas que nos libren de fastíos e molestas peregrinacións, imos dun lado para o outro buscando a chave que acende a luz. Os tombos, por chamala así, é a metodoloxía máis común nas sociedades humanas. Non resulta útil máis que a base de insistencia, pero define á perfección cómo se consuma o progreso humano: sen regras, a hostias na escuridade contra a parede, na procura da maldita electricidade.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Sonia Torre
MI PLAN PERFECTO
Días en el pantano
Francisco Lorenzo Amil
TRIBUNA
San Martín, nacionalidad hispano-argentina
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Absentismo
Fernando Lusson
VÍA DE SERVICIO
Certezas de una avalancha
Lo último
SANTIAGO DE TRASARIZ
Una colisión en Cenlle acaba con varios heridos y una camioneta volcada
DALLAS MAVERICKS
Santi Aldama, jugador de la NBA, visita Ourense para ponerse a punto