Benito Iglesias
Sin la Diputación, ¡Ourense colapsa!
DIARIOS DO PASADO
No imaxinario popular de Galicia teñen especial protagonismo as lendas de “mouros”. O mouro ou xentil interprétase na tradición popular como habitante primixenio da terra galaica, o aborixe -de “ab originis”- o habitante primixenio. A tradición di que é o autor de todas as construcións antigas, os dolmens, petróglifos ou os castros, que hoxe son restos arqueolóxicos. É gardián de grandes tesouros. Aínda que se lles chame mouros, nada teñen que ver cos norteafricanos. A antropoloxía ofrece moitas explicacións para a súa existencia, pero interésanos agora a do investigador X.M. González Reboredo, seguidor da teoría estruturalista de C. Levi-Straus. Di Reboredo que a súa función era definir aos campesiños por oposición, por xogo de contrarios: o campesiño é aquelo que o mouro non é, unha especie de ”alterego” do ser mítico.
Reparen no seguinte: os campesiños teñen unha actividade fundamentalmente diúrna; os mouros prodíganse na noite. Os campesiños viven de labrar ou coidar gando; os mouros, sen traballar, posúen tesouros e riquezas. Os campesiños son cristiáns, os mouros non. Os campesiños non teñen poderes sobrenaturais, os mouros si. Os campesiños fan a vida na aldea; os mouros en lugares especiais, principalmente subterráneos. Desta forma tamén o imaxinario popular concibe un inframundo subterráneo paralelo a paisaxe campesiña, habitado por estes seres atemporais, que están aquí dende sempre e cuxos camiños e rúas obrigatoriamente han ser túneles. Por iso o mundo lendario, o das crenzas, está inzado deles.
No termo de Muíños escoitei dúas lendas relacionadas cos mouros. No val de Salas contáronme que a laxa que cubría o dolmen “M1 de Outeiro de Cavaladre”, cuxa escavación dirixín a final da década de 1980 e inicios da de 1990, colocouno a Virxe, transportándoa sobre a cabeza mentres cunha man sostiña ao Neno Xesús e fiaba nun fuso coa outra. Tal narración non é máis que a cristianización dunha lenda moi común en Galicia e cuxa protagonista é unha poderosa moura, tamén dotada de tal forza sobrehumana que lle permite cargar coa laxa á vez que fía no fuso.
O castro coñecido como “Castelo de Taboadela”, que se ergue sobre o núcleo do mesmo nome, conta con outra lenda sobre mouros que tamén recollemos case de primeira man, porque o narrador, unha persoa moi próxima da zona, puxo o relato na boca do seu avó. O relato, cos cambios imprescindibles para adaptalo ao estilo destes escritos, foi o seguinte:
-Despois da Guerra, había moita necesidade, e cultivábase todo o que se podía. Incluso o monte. Este lugar tamén. Dicía o meu avó Daniel -nome de ficción- que un veciño del estaba a arar cerca da croa do castro, con moita dificultade porque a rella do arado sacaba á superficie numerosos tellas. Entón, nun momento dado, o veciño escoitou un berro ronco e forte que viña do fondo da terra, e díxolle:
-Oes ti, non afondes tanto a rella que me destellas a casa¡
Era o mouro do castro.
Estas fermosas lendas que recollemos en dous lugares e xacementos arqueolóxicos, mámoa e castro, do termo municipal de Muíños, son comúns a moitos outros lugares de Galicia. Por iso, cando facía prospeccións arqueolóxicas, procuraba a maior relación posible cos habitantes de cada lugar, especialmente os de maior idade, porque son os que atesouran lendas que, ademais de axudarnos a localizar vestixios importantes, forman un patrimonio cultural inmaterial de gran valor antropolóxico.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
PREVENCIÓN Y DIAGNÓSTICO
“New Heart”, un proyecto de Galicia y Portugal que mejora el estado del corazón
DERECHOS SOCIALES
❌ ✅ Encuesta | ¿Qué te parece la posible derogación de la Ley Trans?
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy lunes, 9 de noviembre