Antonio Casado
Cumbre de la desunión europea
Miña naiciña, calquera se atreve a celebrar hoxe algo, tal como está o panorama. Eu sinto non poder estar cos meus amigos da Garda Civil, comandados polo Tenente Coronel Oscar Grañas, con quen fixen amizade hai xa uns anos cando fomos convidados á Comandancia de Vigo, para despois de celebrar os actos protocolarios propios do día, moi importantes para eles, demos boa conta duns suculentos callos de Coren que sabían a gloria bendita.
Nese refrixerio no que botamos toda a tarde tiven a inmensa fortuna de coñecer ao que hoxe é o meu gran amigo José Ramón de Sarreaus, xunto coa súa muller Mónica, que ademáis de ser unha excelente amiga o mesmo che arranxa unha lavadora que che pon a andar un teléfóno de últimísima xeneración.
Polo demais, vendo o que ocorre a este e ao outro lado do Atántico mellor estar caladiño. Que se non hai convites reais ás tomas de posesións, pois non se vai e punto, que se ese día de a maioría celebra a exaltación dos Pobos Indíxenas, pois celébrase e xa está, lembro cando se lle chamaba Día da Raza, que vaia por deus; eu preferín divertirme un cacho a outra noite con David Broncano falando directamente con Cristóbal Colón.
Lembro cando se lle chamaba Día da Raza, que vaia por deus; eu preferín divertirme un cacho a outra noite con David Broncano falando directamente con Cristóbal Colón
Por certo, aínda que prácticamente nunca falo dos programas doutras canles disitintas á Galega, sí teño que dicir que sigo algúns dos programas que presenta este novo gurú da comunicación, e abofé que me cae especialmente simpático, sacando entrevistas e facendo show onde parece que non se pode facer nada. Ese é o poder dos grandes comunicadores. Ten rísa contaxiosa e ás veces disparatada, e non poucas veces ten que ir perfilando a entrevista con bisturí, como foi o outro día co polifacético Jordi Mollá, que non tiñas nin idea de por onde che ía sair, se falando de pintura, de teatro ou do seu libro “TÚ”, que ao parecer aínda está en imprenta.
Cada día son eu menos pouco consumidor de televisión xeneralista, aínda que a pasei facendo máis de 30 anos, pero hai programas da Casa aos que quero seguir felicitando, como é o caso de “Luar”; que despois de tantos anos siga sendo o faro da música tradicional, é como para poñerlle un piso a Gayoso e a todo o seu equipo.
Leva chamándome meu amigo varios días para que acuda a cantar e fareino encantando en canto os meus hematólogos me deixen subir de novo ao escenario.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Antonio Casado
Cumbre de la desunión europea
Plácido Blanco Bembibre
HISTORIAS INCREÍBLES
Navidad o la fragilidad de Dios
Jesús Prieto Guijo
LA OPINIÓN
Parricidio en El Palmar
Mariluz Villar
MUJERES
Hablar con Sophia
Lo último
HISTORIA DE SUPERACIÓN
De estar 15 años en prisión a ser el pastor de su propia iglesia en la calle Greco
TERCERA FEDERACIÓN
Arranca la era del técnico Agustín Ruiz en el Barco
Crisis en Barbadás
El PP barbadés se queda por ahora en la oposición
ÚLTIMO TRIMESTRE DE 2025
Foro La Región, referente del debate político, territorial y emprendedor