Eduardo Medrano
Motín de Esquilache
No Nadal de 1980, os académicos da RAG Francisco Fernández del Riego, Xulio Francisco Ogando Vázquez e Valentin Paz Andrade asinaban un escrito dirixido á docta corporación no que se cualificaba o poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán como "un dos mais senlleiros representantes da nosa literatura", como "un de tantos que lle tocan xogar e perder, calar e marchar". El mesmo o dixera cando foi recibido como membro correspondente en México, onde foi respectado e querido en todolos círculos literarios. Viñeron ao Barco persoalmente a ratificar esta cualificación os académicos Ogando Vázquez, Ramón Piñeiro e Paz Andrade e máis o dramaturgo barquense Lauro Olmo e o artista Isaac Diaz Pardo.
A actividade literaria de Florencio abarca desde o ano 1928, en que publica poesías en xornais e revistas, ata un ano antes de morrer en que Ediciós do Castro publica o seu derradeiro libro, "O soño do Guieiro", pasando por "Bebedeira", "Galicia infinda" e "Cantarenas". Sempre sublimando a Galicia, sempre en galego.
Florencio Delgado Gurriarán o inclúe Carballo Calero entre os novecentistas, grupo formado por Manuel Antonio, Amado Carballo, Blanco Amor, Euxenio Montes e Federico García Lorca. Figura asemade o poeta valdeorrés na Historia da Literatura Galega de Fernández del Riego e Varela Jácome. Como di Xosé Gayoso, primeiro presidente do Instituto de Estudios Valdeorreses, a poesía de Florencio é a poesía da natureza, do ciño e do amor. Según Carballo Calero, esta poesía está integrada na escola hilozoista, de personificación da natureza que inspira vida e amor a todalas demáis criaturas. A cantar a Galicia dedicou toda sua longa vida. Imos pois pregarlle á Real Academia Galega que lle dedique a Florencio un dos dous vindeiros anos. A un dos poetas defensores da galeguidade, que tivo sempre a Galicia como tarefa. Como ben decía Manuel María a quen isto suscribe xa no ano 2002: "Sinto que non lle adicaran as Letras Galegas a Delgado Gurriarán, poeta do meu gosto. Sen dúbida axiña lle tocará o turno". Tamén Ogando Vázquez pronunciábase de xeito moi parecido: "Entre todos faremos andar o carro para adiante, e mal seña que non conquiramos cousa tan xusta e ben gañada polo poeta de terras valdeorresas, anaco fermoso da Galicia infinda. Un bó galego".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
CÚMULO DE LESIONES
Totó, el pulmón del Allariz
LOS LIBROS QUE LEO
"Cartas a un joven poeta" para una búsqueda de la paz interior