Sonia Torre
UN CAFÉ SOLO
Historia de amor de una ciudad
Despois de Segunda Guerra Mundial, co Reino Unido, Francia e a Unión Soviética (URSS) moi golpeados, e Alemaña e Xapón vencidos, os Estados Unidos xurdiron como a gran potencia, tanto no eido económico como no militar. A URSS, que foi quen de construír un bloque sólido anticapitalista no leste de Europa, e alentou as loitas de liberación nas colonias de África e Asia e o avance do movemento obreiro mundial, caeu a principios dos noventa do século pasado. Estes feitos deron paso á hexemonía imperialista dos Estados Unidos (USA), dando folgos nas últimas décadas á globalización neoliberal, co apoio absoluto da Unión Europea (UE).
A tremenda caída na Bolsa das principais empresas tecnolóxicas dos USA é un gran golpe, mais non ten porque implicar a súa desaparición do mercado e que non se podan recuperar a medio prazo, só indica que non teñen a batalla tecnolóxica gañada, que non son a única referencia mundial, como se quere impoñer no subconsciente colectivo, como parte da disputa pra manter unha hexemonía absoluta
Agora ben, o ascenso de China, como o país coa maior industria do mundo, cun comercio internacional cada vez máis amplo, e un saldo positivo na balanza de pagos, (e cunhas forzas militares cada vez máis fortes), sumado ao poder nuclear de Rusia, cuestiona a hexemonía de Washington. Máxime cando o capitalismo neoliberal está en crise, como amosa o estancamento da economía da UE, seu principal aliado. Unha crise de modelo que a guerra na Ucraína a o xenocidio en Gaza alentan, especialmente na UE, ao que se suman as políticas de Trump que só teñen en conta os intereses de Washington, mesmo a costa de países aliados.
Neste contexto os Estados Unidos apostou por recobrar a súa potencialidade industrial, e manter súa hexemonía en ámbitos como o militar, financeiro, moeda de referencia, cultura de masas e información, e moi especialmente no eido tecnolóxico. Daquela a iniciativa de Biden poñendo muros á exportación, por exemplo de microchips avanzados a China, e o anuncio de Trump hai uns días respecto dun investimento de 500 mil millóns de dólares en materia de Intelixencia Artificial (IA), con varias compañías lideres neste ámbito nos que Estados Unidos, todo facía pensar, tiña unha vantaxe mundial indiscutíbel. Daquela que a presentación pola empresa Deepseek do modelo de intelixencia artificial (IA) chamado R1 que é comparábel en capacidade aos mellores das compañías lideres de IA nos Estados Unidos coloque en cuestión a súa hexemonía neste eido que ten un valor cualitativo en todas as actividades.
Isto non quer dicir que os Estados Unidos teña perdido está batalla, só que China estalle a disputar este ámbito da actividade creativa e produtiva, como o está a facer noutros aspectos, por exemplo no coche eléctrico, a produción de enerxía con métodos alternativos, etc. Polo tanto a tremenda caída na Bolsa das principais empresas tecnolóxicas dos USA é un gran golpe, mais non ten porque implicar a súa desaparición do mercado e que non se podan recuperar a medio prazo, só indica que non teñen a batalla tecnolóxica gañada, que non son a única referencia mundial, como se quere impoñer no subconsciente colectivo, como parte da disputa pra manter unha hexemonía absoluta.
Respecto do R1 de DeepSeek destacar que os métodos de codificación están en modo aberto, polo que poden ser copiados e desenvolvidos por todos e todas. E que se conseguen resultados que compiten e mesmo melloran as alternativas moito máis custosas como OpenAI ou Gemini. A información sobre o tema salienta ademais que o R1 construíse con chips máis antigos e lentos, que son os que as sancións de USA permiten exportar a China. Mesmo así conseguíronse uns resultados que compiten coas versións USA moito máis caras (cun inmenso consumo de enerxía, polo que o produto de DeepSeek engade unha razón ecolóxica a prol do seu uso). A UE non ofrece alternativas neste aspecto vital pra o futuro da humanidade, pra garantir o desenvolvemento. E tan grande a subordinación?... En resumo, o multilateralismo ten cada día máis forza, e non todo é cuestión de diñeiro e poder. A historia escrébese todos os días.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Sonia Torre
UN CAFÉ SOLO
Historia de amor de una ciudad
La Región
JARDÍN ABIERTO
Simbología de la flor de amarilis en Navidad
Jaime Noguerol
EL ÁNGULO INVERSO
La mirada sabia del barman
Miguel Anxo Bastos
Extremadura: la clave está a la izquierda
Lo último
CORRUPCIÓN EN EL PSOE
Cargos de Deloitte declaran por la cátedra de Begoña Gómez
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este lunes, 22 de diciembre
RESCATE DE LA AUTOPISTA
Puente descarta rescatar el peaje de la AP-9 por su coste