Xose A. Perozo
Soño dun día de verán
PINGAS DE ORBALLO
Abrín a porta do coche e deixeina aberta un intre. Para que correra o aire. Para non abafar dentro. Cando entrei, púxenlle o aire acondicionado; é dicir, baixei as dúas ventás.
Arrinquei. En canto collín velocidade, pechei a ventá dereita. Polo ruído. Gústame escoitar a radio, tanto se botan noticias como música. E entre que xa non oio tan ben e o balbordo do vento...
A ventá esquerda seguía aberta. Polo aire e para poder sacar o cóbado, aínda que sexa ilegal.
Collín camiño de Baños de Molgas e non tardei en botar man do repertorio de insultos. Contra os demais, claro. Aquel que non acelera. O outro que non sinala cos intermitentes. Un terceiro que vai pegado ó meu parachoques traseiro -a eses adoito responderlles baixando un pouco a velocidade, para que se fodan-. Sempre conducimos á perfección; son os demais os que non dan unha a dereitas.
Os latexos do corazón empezaron a soar doutra maneira: máis nostálxicos, máis melancólicos, máis alegres. Con máis ritmo. Máis felices
Crucei o Polígono. Pasei por Rioseco. Subín o porto de Piúca e, alí, desviei cara a Almoite. Nesa aldea si que reducín a velocidade: os outeiros que atravesan a estrada non están feitos para pasalos en terceira.
Entrei en Baños de Molgas. Os latexos do corazón empezaron a soar doutra maneira: máis nostálxicos, máis melancólicos, máis alegres. Con máis ritmo. Máis felices.
Esperei polo irmán. Baixamos ó Parque Ansuíña. Aquilo xa era outro mundo, outro frescor, outra luz, outro ambiente, cheo de sombras, do canto dos paxaros e do ruxerruxe da rapazada que se bañaba na piscina.
Conversas a esgalla. Entre nós. Cos veciños. Cos amigos. Ó cabo, a felicidade consiste niso: sentar na terraza do Parque Ansuíña e deixar que pase a tarde.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xose A. Perozo
Soño dun día de verán
Juan M. Casares
CASTELLUM HONESTI
A saúde do Nós
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE VERANO
El doble bikini como filosofía de vida
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
Deixar que pase a tarde
Lo último