Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Muertos
Entrou na consulta con toda determinación e ó pouco tempo de falar espetoume:
-Abortei.
Semellaba unha mostra de liberdade e autodeterminación que plantaba alí diante.
-E logo?
-Víñame mal.
E punto. Non había moitos matices, así que lle preguntei cortesmente:
-E como te sentiches?
Hai algúns silencios na consulta que falan máis ca mil palabras. A firmeza da faciana foise afrouxando, engruñou o pel debaixo da boca, os ollos escomezaron a tremar e rompeu a chorar. E choraba e choraba e choraba e non tiña xeito de parar.
Mentres a consolaba, pensaba na cantidade de xente progre que tanto leva predicado sobre os “dereitos sexuais e reprodutivos” que se limitan a proclamar o aborto como liberdade, como un motivo de orgullo. E ese orgullo e esa liberdade estaban esnaquizados alí diante no pranto da miña paciente a quen ninguén daquela xente viña agora consolar.
Agora veñen de nos dicir que a depresión post-parto se resolve moi doadamente, sinxelamente dicindo que é unha mentira, que non existe, prohibindo mentala por decreto en nome da liberdade. Pero ás mulleres que vemos na consulta con depresión post-aborto inducido non as podemos eliminar, tachar como un borrador.
Agora veñen de nos dicir que a depresión post-parto se resolve moi doadamente, sinxelamente dicindo que é unha mentira, que non existe, prohibindo mentala por decreto en nome da liberdade. Pero ás mulleres que vemos na consulta con depresión post-aborto inducido non as podemos eliminar, tachar como un borrador. Aí están e aí seguirán. A realidade non se pode suprimir, non se pode prohibir a verdade ca escusa de que coarta a liberdade das persoas. O que coarta de verdade a liberdade é prohibir a evidencia, e meter a tesoira da censura non ten nada de progresista.
Pero nestes días deuse un paso máis: apelouse á ciencia. Tempo había que estes próceres non o facían, porque a ciencia empeza a serlles incómoda, pero agora sentenciaron que a ciencia non amosa proba ningunha de que exista tal cousa como a síndrome depresiva post-aborto inducido. Isto ten unha única e definitiva resposta: é unha mentira que manda calar á evidencia científica en nome da ideoloxía, como nos mellores tempos de Galileo. Non son poucos os estudos que demostran esta dura realidade; e, pra non deixar dúbidas, o risco de depresión é superior en abortos inducidos en comparanza cos espontáneos. Unha recente metaanálise conclúe que “se deberían investigar e advertir os riscos, danos e consecuencias na saúde mental, como a depresión, tras o aborto inducido.” E non é ningún grupo de fachas quen o di, senón un grupo de científicos.
Pero alén disto, a evidencia que tantos médicos podemos comprobar na consulta é que a depresión post-aborto inducido é unha realidade. Por que non o din en alto os meus compañeiros? Con algúns teño falado, e a resposta é clara: calan por medo a ir contra-corrente, non vaia ser o demo, a ver qué dirán. Teñen medo. Pois eu non.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Jugando al Eurotrack Simulator
El streamer Pau Fuentes alucina con el Puente del Milenio en su recorrido por Ourense: "¡Vaya puentecito!"