Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
As esperas teñen idade?
Triste, tiña morriña do seu heterónomo o “Vello Milenario”, que pasou a integrarse no burato Tonantzichtla da Galaxia 618, que só se sentía! En quen depositar a confianza que lle permitiría atender as súas obrigacións sen fatigarse e sen medo? Esta mañá, ao saír da vivenda, uns rapaces portugueses berráronlle Careco!, Careco!, Careco! Irritouse pero non poido menos que aceptar o que era un insulto que resaltaba o feito de ser Calvo a realidade é que o era.
As ideoloxías e, consecuentemente os partidos políticos e os seus militantes non están libres de ser atrapados nas redes do ouro. Exemplo más sorprendente pola dereita é Rodrigo Rato; pola esquerda Santos Cerdán, polo nacionalismo a familia Pujol.
Sentouse nun banco e adoptando unha postura hierática, con unha solemnidade extrema, deixou voar o seu pensamento. Tres axiomas golpearon o seu sistema límbico que xoga un papel crucial na regulación das emocións e da memoria. O primeiro axioma “O capitalismo é esencialmente corrupto, pois escraviza a humanidade, incitando e dependendo a falsa felicidade, das cotas de participación no culto a Plutu, a Mammoón e a Daikokuten sen esquecer a Lakshme”. As ideoloxías e, consecuentemente os partidos políticos e os seus militantes non están libres de ser atrapados nas redes do ouro. Exemplo más sorprendente pola dereita é Rodrigo Rato; pola esquerda Santos Cerdán, polo nacionalismo a familia Pujol.
O segundo axioma “A loita contra as Linguas dos pobos é prioritaria nas ideoloxías totalitarias e neofascistas” porque un pobo que perde o idioma, morre a súa identidade e chega a extinguirse. Polo que conscientemente como guerreira contra a Plurinacionalidade de España representada polas linguas Castelán, Catalán, Galega e Euskera) actuou Isabel Díaz Ayuso. E coincidindo con ela por militar imperialismo lingüístico, neste caso contra o castelán o presidente de USA Donald Trump.
Como estaba fatigado, ergueuse e volveu a súa vivenda e colleu os xornais da maña. Sorprendeuse ó ollar o terceiro axioma en tódolos xornais o que suscitou o seu interese: “A masacre do pobo Palestino segundo o camiño trazado polos renacidos nazis (cal é a diferencia entre sionismo e nazismo?), co apoio inquebrantable do autócrata americano”. Sen esquecer os preeiros que medran coa guerra, as drogas, a fame e a enfermidade dos pobres do terceiro mundo. Sentía, sen embargo, un orgullo especial, nun momento tan difícil, pola loita do presidente do Goberno, que soubo manter a dignidade dos que a pesar de ser poucos e tendo a razón, non baixan a cerviz. Cando case tódolos dirixentes do mundo “democrático”, ante o ritmo que marcaban os sionistas, asisten impasibles á visita de Javier Milei a Xerusalén para enxalzar a figura Benxamín Netayahu, asasino de masas que desfruta da dor de seres humanos indefensos. Nunha planificada provocación Milei recibiu o Premio Nobel Xudeu pola loita contra o terrorismo internacional e resumiu a visita do escatolóxico presidente arxentino cunha frase que quedara nos textos de historia como a mentira máis demoníaca: “Grazas por apoiarnos na loita contra as forzas da escuridade”.
Os axiomas caeron como follas dun carballo atacado por múltiples enfermidades: o oídio, a roIa, a antracnosis, a mancha de alquitrán, a tubakia… etc. O exército xudeu ataca Irán, causando graves danos en instalacións e un incontable numero de vítimas. E Pedro Sánchez sufre un novo andazo “A felonía dun falso amigo”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
As esperas teñen idade?
PERDÓN POR LA MOLESTIA
Los rojos que eran (viejos) verdes
Antonio Casado
Cumbre de la desunión europea
Plácido Blanco Bembibre
HISTORIAS INCREÍBLES
Navidad o la fragilidad de Dios
Lo último
COLOR DEL AÑO
Cloud Dancer: minimalismo, calma y moda en un solo color
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”
HISTORIA DE SUPERACIÓN
De estar 15 años en prisión a ser el pastor de su propia iglesia en la calle Greco