Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
Des Chourizas e unha libra de chocolate
PINGAS DE ORBALLO
No mes de maio escribira dous ou tres relatos sobre a impresión que me causara a lectura do libro de Julio Llamazares “El viaje de mi padre”. Neles facía constar que mesmo era moi probable que o meu pai e o del chegasen a coincidir, xa que o pai de Llamazares pertencera á 83 División, integrada por soldados procedentes de Galicia e do Norte de España.
Pois ben, nese mes de maio xa tiña no meu poder as fotografías dunha carta que meu pai escribira desde Teruel o 14 de marzo de 1938 e que me mandara a miña cuñada moito antes da publicación daqueles relatos. Unha carta que, cousas da vida, aínda lin o outro día.
E aquí podo volver dicir o mesmo que escribira naqueles relatos, facéndome eco tamén do que contaba Llamazares: “Cando meu pai me contaba historias da guerra, eu non lle facía moito caso e agora arrepíntome diso”. Pois iso mesmo me pasara a min: non lle prestara demasiada atención ó que meu pai me contaba da guerra e, no caso desta carta, téndoa xa no meu poder, tampouco me preocupara de lela. Pena de fillo.
Porén, agora xa que a lin, podo confirmar que os nosos pais non chegaron a coincidir
Porén, agora xa que a lin, podo confirmar que os nosos pais non chegaron a coincidir. Segundo consta na carta, meu pai estaba destinado no 194º Batallón da 108ª División, 2ª Compañía, Estafeta de Campaña nº 13, na fronte de Teruel.
Ese era o enderezo que lle facilitaba ó seu pai, meu avó, por se quería mandarlle algunha cousa. De feito, o día anterior a escribir a carta que agora teño fotografada, comunicáralle que recibira o paquete coas dez chourizas e unha libra de chocolate que lle enviara. Dicía tamén que non tivese pena por el, pois dábanlle ben de comer, que andaban de pobo en pobo e que as súas forzas seguían avanzando. Remata a misiva preguntando por seus irmáns e demais familia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
Des Chourizas e unha libra de chocolate
Berto Manso
LA OPINIÓN
Disimilitud entre dos equipos
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
Feijóo en modo prudente
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Querer
Lo último
EVENTO DE REFERENCIA
El vino de Valdeorras triunfa en la Experiencia Verema Sevilla
CONCURSO DE TAPAS
A Pobra de Trives saboreou máis de 5.000 tapas micolóxicas
CAPACITACIÓN DIGITAL
Cartelle, nueva parada del programa “A Maiores”