Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Tomás Moro
TÍA MANUELA
Dixérono na radio e tamén deron a nova os xornais. Unha mala e triste nova, a dun home morto no seu cuarto, do seu piso, da súa capital, con xente correndo de arriba para abaixo, para un lado e para o outro; coas pombas mortas e musarañas mortas acompañando ao cadáver de Antonio. Alí, no medio da multitude, estaba só e sen falar con ninguén. Se acaso, escoitaba o ruxir dos paxaros que se achegaban por unha fiestra medio pechada, comían do que había e marchaban. Con aqueles visitantes era con quen falaba. Tíñalles nome a cada un deles e todos respondían á chamada.
Canta xente e canta soidade, canta miseria e canta fartura
Non se sabe cando, pero un día, sen que a veciñanza o notara, quedou durmido no chan do cuarto e foi podrecendo e desaparecendo lentamente ata que, un destes días, as autoridades locais atoparon os seus ósos envoltos na chaqueta súa. Canta xente e canta soidade, canta miseria e canta fartura. Efectivamente, parece que no mundo rico amontóase a miseria e a pobreza, mentres foxen os coñecidos, os iguais, os amigos, os parentes e, poida que tamén, os fillos.
Na radio e na prensa aparecía estes días outra nova, ben interesante e alentadora, dando conta de que “a poboación mundial vive máis ca nunca”, segundo os datos do informe da “Carga Global de Enfermidades”, publicado pola revista The Lancet. Ao parecer a esperanza de vida a nivel global, en 2023 era vinte anos máis alta que a mediados do século pasado.
Este informe indica que a esperanza de vida sitúase, de media, nos setenta e seis anos para as mulleres e nos setenta e un, para os homes. O informe sinala as diferencias que se producen segundo o nivel socioeconómico do lugar onde se nace e onde se vive. Naqueles países do planeta con máis ingresos, as mulleres e os homes teñen, de media, máis de oitenta anos. Nos países pobres é outra cousa, en África subsahariana, por exemplo, a esperanza de vida é de trinta e sete e trinta e cinco anos de media para as mulleres e para os homes, respectivamente.
En determinadas rexións de América do Norte e América Latina incrementáronse as mortes na mocidade. Son mortes por desesperación, por sobredose de drogas e/ou alcohol, por suicidio e por mor de problemas derivados de cuestións económicas, sociais e psicolóxicas. Como di a Tía Manuela, “este padecemento esixe un amaño”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Tomás Moro
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Cuando ETA quiso secuestrar a Franqueira tenía tres zulos en Vigo
Manuel Orío
RECORTES
La catástrofe andaluza
Julián Pardinas Sanz
Por qué necesito transmitir mi Ourense
Lo último
“una oportunidad histórica”
Greenfiber presenta alegaciones contra el archivo del proyecto de Altri en Palas de Rei