José Ángel Vázquez Barquero
Por fin nos vimos frente a frente
O AFIADOR
O parador de Santo Estevo acolleu esoutro día unha interesante xornada organizada por La Región de Ourense e El Progreso de Lugo, sobre a realidade da Ribeira Sacra contada por unos cuantos heroes dos que sosteñen sobre os seus lombos o esforzo de darlle vida a un enclave de beleza extraordinaria. Nos relatos, optimistas pero cos pés no chan, subxaceu unha idea da que case sempre nos esquecemos ou non valoramos debidamente, cando se subliman as virtudes do entorno. Ten que ver coa cara B da postal de espazo privilexiado, que vai implícita na complicada configuración orográfica e que penaliza calquera iniciativa económica que se queira pór en marcha.
A decisión do recoñecemento como Patrimonio da Humanidade por parte da Unesco caerá -eso agardamos- a finais de xullo. Se así fose, será un presente que terá que dar pulo decisivo para o futuro desta terra. Pero hai un aspecto do que apenas se fala e resulta capital, porque non será gratuito e a Unesco non vai a facer máis pola Riibeira Sacra, nin polo impulso da economía do territorio. O premio non será o final de nada, senon o principio de todo e convén ter coidado en non esquecelo.
A noticia significará un desembarco -é un dicir, aínda que veñan por terra- de turistas para os que non temos as poisibilidades mínimas -agás excepcións- para afrontar o reto de atendelos e entretelos como esixen os tempos. Para elo será a imprescindible implicación das administracións públicas dispondo infraestruturas e impulsando decididamente ideas e proxectos económicos que consoliden un tecido produtivo sostible, levando a unha vida digna a quenes den pasos nese camiño e atraigan xente nova como man de obra que permita pasar do soño ó éxito.
É imprescindible dispor de estratexias e medios para poder modular esa previsible avalancha: Respecto ao entorno e o medio ambiente, construción de áreas de aparcamento disuasorio respaldadas por buses lanzadeira para trasladar aos visitantes ata os enclaves monumentais ou paisaxísticos de interés; coordinar propostas e iniciativas que contribúan a armonizar o fluxo polo territorio e facer pedagoxía para que quenes teñen a sua vida anclada á historia dunha terra sexan considerados como señores residentes e non parte dunha postal bucólica do entorno.
A primeira lección para que a ilusión de hoxe sexa o pasaporte para o futuro é que de éxito mórrese enseguida. Unha vez esnafrados, non haberá posibilidade de levantarse a moitos anos vista. Así que, é o momento dos gobernantes e dos administrados dunha terra que tivo como única forma de contestación a asunción do malditismo atávico sobre o inexorable destino.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
José Ángel Vázquez Barquero
Por fin nos vimos frente a frente
Lalo Pavón
O AFIADOR
O reto da Ribeira Sacra
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Perros en campaña
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE PRIMAVERA
Perseguir a famosos para amedrentar a las masas
Lo último
SEMANA DE SELECTIVIDAD
Unos 300.000 estudiantes en España se enfrentan a la PAU
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este domingo, 31 de mayo
DÍA DE LAS FUERZAS ARMADAS
Samil resiste a los elementos en el Día de las Fuerzas Armadas