Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Prohibido por eclipse
O AFIADOR
O Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia acaba de botar abaixo a adxudicación do servizo de autobús urbano do concello de Ourense por non axustarse ás esixencias legais na materia en varias cuestións consideradas imprescindibles para que se poidera dar vía libre á decisión municipal que poría en mans da UTE Sagalés Gavilanes (o responsable desta última foi o firmante do pacto da servilleta no Bar Alameda en 2023 para sentar na poltrona ao actual alcalde), para asumir, dicía, o transporte público colectivo do concello nos próximos cinco anos por case 49 millóns de euros.
Mentras, lembremos, que o transporte público urbano está costándolle unha pasta gansa a todos os cidadáns de Ourense cantidades millonarias en euros dende hai once anos, data na que caducou a concesión"
Este duro golpe únese a outro tipo de reveses que sufre regularmente o concello por omisión ou inobservancia das esixencias legais, nos que sorprende unha especie de patrón común na comprensión de contidos ou omisións en ofertas aspirantes a adxudicacións de obras ou servizos, que logo son tumbados polos órganos controladores correspondentes. Lendo os razonamentos aportados neste caso pola mesa de contratación para xustificar a adxudicación, dan unha estrana impresión de benevolencia cos contidos da oferta; tanta, que o Tribunal os considera inasumibles.
Tendo en conta que quenes interveñen en calquera proceso profesional das administracións teñen as competencias esixidas para o seu correcto desenvolvemento do seu labor, este golpe debería constituir un escándalo político que, a fin de contas, é sobre quenes gobernan onde descansa a responsabilidade última de calquera decisión que afecte aos administrados. Curtidos como están nestas lides os cidadáns asumindo con indiferencia episodios que afectan á vida diaria, poderíamos apostar a que pasará a canícula agosteira sen que ninguén mova un músculo. Nin sequera para reclamar aos seus representantes na Corporación algo que vaia máis alá do tan vano como queimado bla, bla, bla.
Mentras, lembremos, que o transporte público urbano está costándolle unha pasta gansa a todos os cidadáns de Ourense cantidades millonarias en euros dende hai once anos, data na que caducou a concesión. Nin un can dese diñeiro de todos vai destinado á mellora das prestacións, senon ao pago do desleixo, mentras sufrimos un servizo de terceira división, con autobuses novos incompatibles coa mínima comodidade (que deberá que asumir o próximo concesionario), que nas horas punta obrigan á xente a viaxar arracimada como se fosen gando e a deixar fóra a minusválidos ou nais ou pais acompañados dun bebé, porque so hai sitio para un en cada coche. E os vellos, que son máis cómodos, a duras penas poden cas calzas nin cos kilómetros e os millóns de viaxeiros que levan as costas. Un día haberá buses como é debido. Ou non.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
SENTENCIA JUDICIAL
Las retiradas de dinero en cajeros de Ourense resuelven una estafa en Burgos
PODCAST Y VÍDEO
El primer café | Viernes, 7 de agosto
CONCIERTO EN SANTO ESTEVO
Amancio Prada, artista y compositor: "Yo canto lo que vivo, vivo lo que canto y solo soy lo que canto”
MEDICINA EN CASA
Tres plazas médicas en Ourense para atender pacientes en casa