Simone Saibene
¡BUONE VISIONI!
“Digger”, o descontrol da narrativa
¡BUONE VISIONI!
Digger” é o novo filme de Alejandro González Iñárritu, unha película que se distancia bastante dos anteriores traballos do cineasta. É unha sátira negra, grotesca e anticomercial. O argumento vira arredor de Digger Rockwell, interpretado por un irrecoñecible Tom Cruise. O actor afástase dos seus papeis tradicionais de heroe da acción, para encarnar un vilán patético que, como todos os ignorantes poderosos, resulta ser moi perigoso polo resto da humanidade. Digger é un magnate do petroleo, un millonario egomaníaco que vive, como o Ciudadano Kane, nunha especie de Xanadu embalsamada e cunha gata anciá como compañeira. Este home tan poderoso – do cal dependen moitos políticos tamén - acaba provocando un desastre ecolóxico sen precedentes que levará o mundo ao colapso…
Iñárritu abandona case por completo o realismo que marcaba a maioría dos seus traballos anteriores como “Amores perros” (2000), “Babel” (2006) ou incluso “El renacido” (2015). A estrutura en capas, os xiros narrativos, a actitude provocadora e a ambición formal, quizais sexan os únicos puntos de contactos entre “Digger” e o resto da filmografía do cineasta. Nesta nova longametraxe Iñárritu decidiu sorprender abrazando o grotesco como concepto estético e como o motor da narración.
Ao igual do que fixo Elio Petri anos atrás caricaturizando o poder en filmes como “Investigación de un ciudadano libre de toda sospecha” (1970) ou “Todo modo” (1976), Iñarritu recorre á comedia grotesca para desenmascarar o poder contemporáneo e a corrupción moral. Iñárritu fai unha sátira feroz e por moitos momentos alarmante sobre o momento histórico no que estamos a vivir. Faino a través dun espello deformado que reflicte de forma aínda máis absurda os comportamentos das persoas e da sociedade. Lévanos a un bizarro universo paralelo – pero non moi lonxe do noso - habitado por gobernantes desatados, ao límite, e que, diante da crise mundial na que incluso son directos responsables, só están preocupados de “controlar a narrativa” diante da opinión pública.
Iñárritu fai unha reflexión xeracional e humana sobre cuestións moi urxentes como a submisión das institucións democráticas ante o diñeiro corporativo ou a hipocrisía social ante o quentamento global.
Parece que o humor absurdo, o caos e a violencia actúan en moito cine contemporáneo como ferramentas para radiografar unha sociedade fragmentada e paranoica. É o caso de filmes como “The Sweet East” (2023), “Eddington” (2025) ou “Una batalla tras otra” (2025) - só por citar algún -, películas que relatan as dinámicas dunha sociedade babilónica onde a comunicación entre seres humanos faise cada vez máis caótica. Moitos filmes recentes intentan desposuír as narrativas norteamericanas da súa solemnidade histórica, expoñendo a alienación do individuo e a decadencia do capitalismo tardío. Incluso faino Iñárritu, pero cun paso máis aló. O seu filme é aínda máis arriscado, inclasificable e terriblemente provocador. Con seguridade non atopará os favores da crítica o do público como os seus anteriores traballos, pero, ao saír da sala turbados, quizais nos daremos conta da necesitade de que se fagan máis películas así. Filmes que rompen coa cómoda hipocrisía da narrativa controlada.
“La mala madre” estrea en Sitges
“La mala madre” producida pola galega Mordisco Films terá a súa estrea mundial na Sección Panorama do 59º Festival Internacional de Cinema Fantástico de Sitges. A película dirixida por Alicia Albares e protagonizada por Thaïs Blumepor, parte dunha historia de medo e segredos para explorar o lado máis inquedante da maternidade: o medo a perder un fillo, a culpa, o arrepentimento e a obsesión que pode esconderse detrás do desexo de protexer.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Simone Saibene
¡BUONE VISIONI!
“Digger”, o descontrol da narrativa
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Beiras non cala
Lalo Pavón
O AFIADOR
Accidentes e culpas
Fernando González
DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE
Fe ou negocio
Lo último
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, viernes 9 de octubre?
V CONGRESO MUNDIAL DE ASTURIANÍA
Buenos Aires pone fin al V Congreso Mundial de Asturianía con la vista puesta en el encuentro de jóvenes de Montevideo