Miguel Michinel
TINTA DE VERANO
Regularización
TÍA MANUELA
Efectivamente, os homes non son todos iguais, as mulleres tampouco e os lectores deste xornal, afortunadamente, tamén teñen cada un de vostedes o seu pensamento, a súa interpretación do acontecido e a súa visión sobre a proximidade do horizonte, aínda que saben (e sabemos) que o horizonte non se pode agarrar coas mans. Esváese ou escápase entre os dedos e vai parar ao lonxe, onde non chega a imaxinación.
Os reformatorios, os campos de concentración ou de refuxiados, os centros de trata de persoas ou de traballos forzados, os cárceres e as casas ou lugares de prostitución, atacan á dignidade da xente e fan de menos aos que menos posibilidades teñen de librarse das situacións degradantes. Aqueles que perseguen unha sociedade xusta, deben procurar espazos con garantías de respecto á liberdade e á dignidade de cada persoa.
E alá foi, mañá, pola mañanciña, cando aporta aínda estaba cerrada
Ramiro, da casa da Fonteseca, foi correndo ao concello e, do concello, ao edificio dos Servizos Sociais da contorna. Alí mandárono ir á Deputación e ao chegar, xa coa porta nos fociños, o porteiro indicoulle, con voz serena, aínda que autoritaria, que “non perda o tempo, consulte o horario en internet e, se lle vén ao caso, volva mañá”.
-Mañá! Mañá…
Outra vez co “volva mañá”. Ramiro non era capaz de asimilar tanto despropósito. Internet! Volva mañá! Cita previa e aviso ao teléfono! De quen serán estas ideas avanzadas que nos deixan sempre na estacada?
E alá foi, mañá, pola mañanciña, cando aporta aínda estaba cerrada. O mesmo porteiro de onte chegou co tempo xusto, pero antes de abrir, ou xa coa porta entreaberta, mirou para o home e díxolle que non era naquel edificio, que tiña que ir a outro lugar e solicitar unha residencia, “a vostede correspóndelle unha das máis dignas e máis baratas”.
Ramiro retornou para a súa casa. Polo camiño ía falando só: “A miña dignidade lévame de volta para onde teño as ovellas e o cadelo”. El e os seus sabían que se falamos dunha persoa ou dun pobo con dignidade estamos referíndonos a unha persoa ou a un pobo respectables e coa integridade dos grandes seres humanos e dos seus grandes pobos, dispostos a manterse ergueitos contra das inxustizas e das indignidades propias dos nugalláns, egoístas e hedonistas. A Tía Manuela, como José Saramago, asevera que “a dignidade non ten prezo”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Miguel Michinel
TINTA DE VERANO
Regularización
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
O espectro do sor
Luís Celeiro
TÍA MANUELA
Dignidade
Jenaro Castro
MORRIÑA.COM
La performance electoral
Lo último
La Región
Víctimas
XUNTA DE GALICIA
Rueda pide un órgano común en el plan de fondos de la UE
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este miércoles, 1 de julio