José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Dúas lendas de mouros en Muíños
Cada individuo ten unha partitura, e pasa a vida perfeccionándoa para que soe mellor. Pense en Bieito XVI. É máis, non pense en Bieito XVI: pense no Papado. Toda a vida soando igual: tam-tam. Nalgún momento da nosa evolución individual concibimos unha idea, que en liñas xerais non se modifica, pero á que lle damos voltas durante anos, como cando pasamos a comida dun lado a outro da boca. Que marxe de manobra temos cada un de nós para abandonar o noso discurso? Eu diría que pouca marxe. Escasa. Ningunha. Nada. Nunca. Cero.
Rachar co discurso podre de cada un ?chamémoslle á partitura polo seu nome? está ao alcance de moi poucos. Os demais estamos condenados a contar a mesma historia cada día. E o que resulta máis patético, fronte aos mesmos interlocutores, que á súa vez nos trasladan o mesmo relato de onte, e da outra semana, e de toda a súa puta vida. Non podemos permitirnos máis que pequenos axustes, na medida que a un coche se lle cambia a suspensión ou o tubo de escape. Simples axustes para que nada cambie. Lampedusa, pero en mecánico.
O home sempre regresa ao seu discurso primixenio, é dicir, ao único que ten. Bioy Casares recolle unha entrada no seu diario, o 28 de decembro de 1948, ben gráfica. 'No Pardo. Conversación con Silvina. Di que cada un de nós ten un tema, ao que sempre volve: Borges, a repetición infinita; ela, os diarios proféticos; eu, a evasión a uns poucos días de felicidade, que eternamente se repiten'. A reflexión de Bioy non é senón outra forma de suscitar a cuestión do escritor que pasa a vida escribindo o mesmo libro.
Distintos argumentos, outras personaxes, nova estrutura, linguaxe renovada... en fin, o mesmo libro. Ese espazo aparentemente pequeno depara, porén, autores xeniais. Despois están os que buscan en cada libro o novo, elevan a aposta. Son os mellores.
Certamente, unha idea ás veces é moito. É todo. É máis do que cabe esperar de xente destinada, no fondo, a non ter ideas. O narrador de Novela de xadrez, de Stefan Zweig, confesa que toda a súa vida o intrigaron os monomaníacos, as persoas obsesionadas por unha sola idea, pois 'canto máis se limita un, máis se achega por outro lado ao infinito'. Persoalmente, entendo que unha idea, aínda expresada de moitas maneiras, remata por facerse pesada. Neste punto, todos deberíamos seguir os consellos de Clint Eastwood: 'Podes pegarme. Podes tirarme ao chan, incluso cuspir sobre min e mexarme. Pero por favor, non me aburras'. Entre tanto tam-tam, ás veces agradécese un simple pachín-pachán.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Dúas lendas de mouros en Muíños
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
Los años nunca volverán
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE VERANO
Es usted muy gracioso, es usted muy ingeniosa
Alfredo Conde
A TRIRITA
Sobre gatos, ratos, monarcas e presidentes
Lo último
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy sábado, 19 de septiembre
SE COMPLICA LA SITUACIÓN
Cuarta derrota consecutiva de la UD Ourense en Primera Federación (3-1)