Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
La Catedral de Santiago
O AFIADOR
A Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) non enviará aos medios de comunicación impresos a listaxe de persoas que superen a Avaliación de Bachalerato para o Acceso á Universidade (ABAU), como foi habitual nas últimas décadas, “por cuestións relacionadas coa Ley Oficial de Protección de Datos”. A decisión parece mediatizada tamén por queixas de alumnos e familiares polo feito de que as notas se expoñan públicamente. Preguntando a expertos na materia dedúcese que a refracción á publicación do nome dos aprobados non está, como podería pensarse, entre a inmensa maioría dos aprobados que, a sua vez, son a inmensa maioría dos que aspiran a cursar estudos universitarios, senon nunha parte dos alumnos suspensos -ou familiares- nas probas de acceso.
O cumplimento da ley de protección de datos podería ter peso se non fose que en sete anos de vixencia non consta contestación relevante ao respecto. Tal circunstancia daría pábulo á teoría de que a quenes superan a proba impórtalles pouco que se saiba que aprobaron, senon máis ben ao contrario: sempre foi considerada como honra, satisfacción e orgullo ver o nome propio (tamén para o entorno máis próximo), impreso nos xornais, certificando o acceso a un novo estadio formativo.
Hai especialistas que sosteñen que o anterior inclúese nunha tendencia crecente de sobreprotección dos pais sobre os descendentes, cunha crianza orientada a evitarlles calquera contratempo ou adversidade para que non se agobien, non se desmotiven, nin se depriman.
Sin perxuizo do que mande a lei, a realidade evidencia que dos que se presentan ás probas de acceso á universidade ou dos que non o fan, chegan os dedos de poucas mans para cuantificar os que poidan presumir dun perfil anónimo na sua vida. Polo contrario, si algo distingue as novas xeracións -e as non tan novas- é a exposición ou sobreexposición persoal nas redes sociais.
Hai especialistas que sosteñen que o anterior inclúese nunha tendencia crecente de sobreprotección dos pais sobre os descendentes, cunha crianza orientada a evitarlles calquera contratempo ou adversidade para que non se agobien, non se desmotiven, nin se depriman. Apuntan que a medio e longo plazo, tal actitude surte o efecto contrario ao desexado, deixándoos inermes, fronte á realidade vital que non é outra cousa que a procura do soño virtual por un camiño cheo de obstáculos e problemas que é obligado sortear para sair airoso do reto.
(A unha parella con dous fillos de nove anos: un talentoso e aplicado e outro talentoso, pero relaxado. A diferencia explicítase en notas sobresaintes para o primeiro e menos brillantes para o segundo. No centro no que se forman, dinlle aos pais que é convinte convencer ao máis aplicado que conte as excelentes calificacións para evitar a frustración do relaxado. Pregúntanse os proxenitores: é xusto frear o lexítimo orgullo do aplicado para indultar ao descontraido?). A vostede que lle parece?
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
La Catedral de Santiago
Manuel Orío
RECORTES
Vuelta al pasado
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
El curioso libro dedicado a Ourense de los 25 años de paz
Jacinto Seara
Volvamos a Galilea
Lo último