Fernando Jáuregui
Ahora somos “país refugio”, mire usted por dónde
Soy poeta porque no he podido ser músico
Gerardo Diego
Moito se ten escrito estes días sobre se Bob Dylan merece ou non o Nobel que acaban de concederlle. Os que critican a decisión din que as letras de Dylan, en ausencia da súa música, nunca alcanzarían semellante premio, argumento que parece admitir pouca discusión, aínda que algúns traten de demostrar o contrario. Pero a obra de Dylan, como a de calquera cantautor, vén coa música de fábrica, e quitarlla sería mutilala. A clave entón está en saber se a literatura, e máis en concreto a poesía, debe restrinxirse ó texto escrito, ou se pola contra pode admitir a música como complemento.
Para George Steiner a música é a linguaxe fundamental dos humanos á hora de comunicar emocións e sentimentos; talvez por esa razón, mentres unha maioría non lé un libro na súa vida, todo o mundo canta e baila. Pero, pregunto eu, persigue a poesía algún outro fin máis importante có de comunicar emocións e sentimentos? Tratar de comprender todo isto pode levarnos á mesma xénese da linguaxe, que nun principio debeu ter máis de música ca de palabras. Walter Benjamin, admitindo a orixe na palabra divina creadora, supoñía unha segunda etapa na historia da fala caracterizada pola coincidencia perfecta entre a palabra e a cousa, a denominada linguaxe adámica. Esa etapa pasou, pero os seus ecos persistirían na función simbólica, é dicir poética, da lingua. Mentres, a fala iríase degradando ata «caer no abismo da charlatanería» actual. En tan dilatado proceso evolutivo, a unidade orixinaria da lingua, que presentaba unha natureza dual música-palabra tan indisoluble coma a dualidade onda-corpúsculo da materia, acabouse perdendo, pero non de todo: mantívose na poética clásica e medieval, e nos primeiros tratados do renacemento sobre esta materia a separación música-texto aínda se consideraba unha dexeneración; pero a imprenta consumou o divorcio.
Hoxe, as cancións manteñen aquela primixenia dualidade música-palabra, mentres a poesía trata de conservar un dos elementos máis característicos da música, senón o que máis: o ritmo. Apuntaba Octavio Paz nese senso que ó poeta correspóndelle "encantar" a lingua por medio do ritmo, de xeito que aquilo que tratan de dicir as palabras, tamén o diga o ritmo no que se apoian. Por que nos emocionan tanto algunhas cancións aínda que non entendamos o idioma no que se cantan? Por que cando escoitamos un poema –os poemas son para escoitar, como recomenda Bloom, e non para ler en silencio- sentimos unha fonda emoción, aínda que non sexamos capaces de traducir con palabras o seu significado? Por que cando lemos traducidas as letras de Dylan, de Lennon, de Cohen... temos a sensación de que xa sabiamos de que falaban as cancións correspondentes? Hai unha resposta común a todas estas preguntas: os grandes da poesía e da música son capaces de lograr o "encanto" que Octavio Paz propoñía. Pero apuntaba algo máis o sapiencial escritor mexicano: «Cada sociedade posúe un ritmo propio (...) O ritmo é unha imaxe do mundo»... Dito todo isto, parece claro que Octavio Paz estaría feliz, como moitos o estamos, pola máis que xusta concesión de este Nobel. Porque ata Dylan ninguén fora capaz de captar e de reproducir con semellante acerto o ritmo universal dunha época.
Comentario aparte merece que a Academia Sueca aínda non lograse contactar con Dylan. Puro teatro. Fai que me reafirme nun pensamento: cos artistas hai que gardar unha prudencial distancia, para poder valoralos exclusivamente pola súa obra. Ninguén é perfecto.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Fernando Jáuregui
Ahora somos “país refugio”, mire usted por dónde
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Un mal trago para Sánchez
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
La esperanza de un futuro digno para el Hotel Miño
Sonia Torre
UN CAFÉ SOLO
El ruido
Lo último
SOCIEDAD FILATÉLICA MIÑO
Ourense recorre la Semana Santa a través de sellos
"INFLUIR" EN LOS RESULTADOS
El PP denunciará a Tezanos por “inflar” datos del PSOE
CONSERVACIÓN DO PAZO
Rueda avanza que a Xunta de Galicia quere a xestión de Meirás
REFORMA DEL CÓDIGO PENAL
Andorra considera como prostitución pedir y pagar contenido sexual online