Valor dos coidadores e coidadoras

Publicado: 27 jun 2026 - 04:10
Cartas al director en La Región.
Cartas al director en La Región. | La Región

Quero comezar esta carta mostrando o meu sentido agradecemento e gratitude ás traballadoras e traballadores do Centro de Día da vila de Allariz. Fíxeno de xeito persoal con elas e eles, no meu ámbito familiar e social, e quería facelo a través deste medio.

Non teño palabras para destacar a súa labor, a súa dedicación, a súa paciencia, a súa profesionalidade, o seu esforzo, as mostras diarias de cariño, agarimo e apertas ás persoas maiores así como a empatía cara as familias das persoas que coidan.

Podedes estar ben orgullosas e orgullosos da labor que levades a cabo, tan importante e tan invisible á vez. Descoñecía esta labor e, por circunstancias persoais, tiven que acollerme a este servizo, e de seguido, dinme conta do gran traballo que facedes para facer felices aos maiores cas diferentes dificultades que teñen. A tranquilidade que trasmitides ás familias cando os deixamos no voso centro, así como velos saír ao final do día cun sorriso na cara é produto do traballo ben realizado.

Por iso, démoslle o valor que se merecen a estas persoas que se adican a coidar aos nosos maiores con gran profesionalidade e implicación.

Para rematar, me gustaría que, chegado a esa idade, me coidasen igual que o facedes vós cos nosos familiares. Sen dúbida, a vellez será moito máis feliz.

Grazas de corazón.

Sergio Luis Fernández Martino (Ourense)

Contenido patrocinado

stats