Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Prestige del Gobierno sanchista
Comenza unha nova andaina na alcaldía da cidade. O atrevido alcalde Jácome, segundo a prensa, está imputado polo desvío de cartos públicos cara o seu negocio particular que é Auria Televisión. As voces na rúa sabían do asunto anos atrás e viñan anunciando que, máis tarde que cedo, habería consecuencias. Pois a connivencia entre intereses públicos e privados era evidente.
Ben sei que o alcalde non vai dimitir por tal cuestión ate que chegue, e xa veremos, unha sentencia definitiva. Mais o problema toma nova dimensión sobor de todo para os populares, pois andan a negociar din en público, polo ben da cidade, uns presupostos e así seguir mantendo a este intrépido e ousado alcalde na cadeira dun concello que perdeu toda creto diante a opinión pública. Pois, para milleiros de ourensás, esta é pouco menos que unha institución onde pode acontecer de todo sen que ninguén dos membros da corporación se ruborice. Noutros tempos houbo partidos que foron a denunciar diante a xustiza. Houbo xuízo e todo quedou en nada. Mais o mal que se lle fixo á cidade e a institución foi evidente. E logo veu o que veu que é, a todas luces, moi malo para Ourense.
Mais este paso que dá a xustiza, pois os partidos representados renunciaron á denuncia diante a mesma, pon en cuestión moitas cousas. A primeira, aínda que non o pareza, deixa á luz que farán as forzas políticas presentes na corporación. Ben sei que uns pediran a dimisión de Jácome; mais nun partido unipersoal haberá que o releve? Pois cando un asunto, como neste caso, depende da vontade do repartidor de postos nas listas, e de moitas cousas máis que se escoitan na rúa, se falta o alma mater, o chiringuito esmorece e desintegrase. Por outra parte, que farán os populares? Seguiran mantendo a este señor pra que siga a desfeita no concello? Que postura manterá a futura cabeza de lista do PP que se senta nun escano nese concello?
Entramos nunha etapa nova no Concello desta cidade sen mar. Nesta pequena urbe maltratada dende hai anos por unha corporación que deixa moi mal sabor para os ourensáns. Esperemos acontecementos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Prestige del Gobierno sanchista
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Que nos fixo humanos?
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE OTOÑO
Nada más navideño que una nueva ilusión
Gonzalo Iglesias Sueiro
Verdad o ficción
Lo último
A varios organismos
Honduras denuncia a Trump por injerencia en sus elecciones
ESTATUAS PROFETAS JEREMÍAS Y EZEQUIEL
Santiago recibe las esculturas del Pórtico de la Gloria tras 70 años fuera de la ciudad
PROGRAMACIÓN NAVIDAD 2025
El centro comercial Ponte Vella arranca su programación navideña con ocio, talleres y visitas mágicas