Carlos Risco
LOS ASUNTOS IMPORTANTES
Sobre el vagabundeo
TÍA MANUELA
Foi impresionante. Despois da enorme potencia manipuladora do fútbol, que exercen os distintos poderes, económicos, gobernamentais, manipuladores, perversos e políticos, o fenómeno da eclipse sitúase en primeiro lugar. O noso mundo, con toda a súa xente, ergueu a cabeza e mirou para o ceo, bríllante, amoroso e soleado.
Todos os cidadáns de boa fe, obedientes e guiados polo mando, mercaron gafas homologadas, promocionadas e achegadas maioritariamente dende o mercado chino. Necesarias para observar o acontecemento, un dos poucos que obriga á cidadanía a mirar para arriba, para o máis alto, para o ceo das estrelas, para onde podes ver a Vía Láctea, esa galaxia en forma de espiral, que leva a quen a mira ao fin do mundo peregrino, a Santiago de Compostela.
O xornalista José Castro López, vello e bo amigo de nós, facía no seu artigo, “Después del eclipse”, unha serie de interrogantes e reflexións que podemos e debemos asumir. Di o colega que a ciencia non poido compartir os sentimentos de asombro e as emocións de millóns de persoas que se foron ás praias e montes, prazas e miradoiros para contemplar como a Lúa se interpoñía entre a Terra e o Sol.
Onde está o negocio, a verdade e a media verdade? Onde estará, meu Deus?
É posible que a ciencia non fora quen de velo, pero os políticos sabían que era conveniente aproveitar o acontecemento para nubrar e ocultar calquera raiola que alumee na mente da xente que quere ser libre. Tivemos, nos últimos tempos, mostras evidentes, intencionadas e orientadas cara o divertimento e a distracción da poboación. Estamos, ao parecer, nun camiño que poida que vaia en dirección a ningunha parte.
A poboación da nosa terra, liderada polos que eran inimigos do fútbol, por eses que agora están na “certeza de que a idolatría da pelota é a superstición que o pobo merece”, poida que non entenda moi ben o que acontece, pero vai compartíndoo, como se fose a realidade turbulenta da que ninguén pode escapar.
Onde está o negocio, a verdade e a media verdade? Onde estará, meu Deus? Cal será a seguinte fase de desmemoria, desa que quere esquecer aos ilustres votantes, aos que votaban con valentía, e con moito gusto, polo mellor. A Tía Manuela díxoo en voz alta: É necesaria a ilusión para dar co mellor. “Sempre votamos polo mellor e seguimos na mesma, agardando para saber quen é e que quere facer”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Carlos Risco
LOS ASUNTOS IMPORTANTES
Sobre el vagabundeo
Antonio Nespereira
PERDÓN POR LA MOLESTIA
Su nombre no era para esa lápida
CUENTA DE RESULTADOS
De Cos y Knot, favoritos para el BCE
Victoria Lafora
La puntilla
Lo último
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: lunes, 2 de noviembre
DOBLETE DEL OURENSANO
Martín Lamelas lleva al Arenteiro hasta el triunfo ante el Celtiga (2-0)