O eixe do mal

Publicado: 22 feb 2026 - 05:10
Opinión en La Región
Opinión en La Región | La Región

Oeufemismo que utilizou a profesora do meu fillo de tres anos foi: “Xuntouse cos máis movidos”. Como eu xa sabía a clase de tipo da que estaba falando, enseguida imaxinei unha adaptación de “O señor das moscas”, e empecei a baleirar cada día a súa mochila co temor de atopar unha cabeza de xabaril.

Iago xuntouse, ou lidera, quen sabe, o grupo dos malotes, como era previsible. Soubeno dende que ao ano vinlle empalar un biberón metendo un palillo chinés pola tetina, nunha escea só comparable a “Holocausto caníbal”.

Existen dúas clases de colexios de elite. Os de sempre, de familias ancestrais, con apelidos que nomean rúas e negocios. Aos que foi o pai e o tataravó, ao que se coñece por ser o primeiro que trouxo á cidade a halterofilia, ou o after eight. E logo están os outros, como o meu, onde hai múltiples nacionalidades exóticas, e os pais non traballan, coma se a meta do capitalismo fose converterse en nini adulto

A cuadrilla sae cada día da clase con risas de acabar de queimar a un mendigo. Pero eu quedo mirando a ese que sae só, un moreno e raquítico, que non fala con ninguén, quizais tratando de pasar desapercibido para o meu fillo, quen nin sequera pode imaxinar que así era de neno o seu pai.

E iso que o temos apuntado a un colexio deses que chaman de elite, por se nolo reformaban, ou se nos casaba ben. Existen dúas clases de colexios de elite. Os de sempre, de familias ancestrais, con apelidos que nomean rúas e negocios. Aos que foi o pai e o tataravó, ao que se coñece por ser o primeiro que trouxo á cidade a halterofilia, ou o after eight. E logo están os outros, como o meu, onde hai múltiples nacionalidades exóticas, e os pais non traballan, coma se a meta do capitalismo fose converterse en nini adulto. Aquí case todo é en inglés. No outro case todo se reza.

O outro día comentounos a profesora que deixaran entrar no seu grupo á nena dun país no que a cocaína representa o 1,2% do PIB. Nada como a paternidade para que os tópicos inxustificados saian á superficie. O meu acento galego custoume durante anos que a xente me pedise droga pola rúa, ou se sabía como facela, coma o polbo. Ou que descoñecidos empezaran a guiñarme o ollo sen sentido, porque esa noite viran “Fariña”. Pero entón ti ves “Narcos”, mestúralo cun fillo coma o meu, e non che custa imaxinar que están tramando usar de tapadeira os fardos de plastilina.

Pasoume como cando se nos perdeu nunha festa, e apareceu cunha nena con problemas de adaptación, que é coma os psicólogos chaman agora a correr, berrar e golpear obxectos e seres humanos sen sentido. Era dun país que se sae no xornais vai precedido da palabra “banda”, e lle segue “…de roubos con violencia en vivendas”. Foi a primeira vez que o vin namorado.

Ultimamente véxoo co neno esmirrado. Pensei que se estaba reformando, ou que nalgún momento recoñecera no rapaz a figura nerd do seu pai. A profesora comentoume que o neno non falaba porque aínda non sabe nin inglés nin español. Preguntei de onde era, por se nuns anos se me ía de vacacións a coñecer o país do seu novo amigo. Un pai quere o mellor futuro para os seus fillos, pero sobre todo flipa. Por iso pechei os ollos mentres a miña mente repasaba o ranking de calidade de vida da OCDE. Alí estaban Noruega, Suecia, Suíza, Holanda, Dinamarca, Islandia, Luxemburgo. A profesora cortou a miña enumeración mental nomeando un de Oriente Medio, deses aos que o Ministerio de Asuntos Exteriores pide encarecidamente non viaxar.

Contenido patrocinado

stats