Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Certo é que a única enquisa válida é a do día das eleccións. Tamén é certo que, ás portas das eleccións nacionais galegas deste 2024, os inquéritos todos coinciden nunha leve ou moderada baixa do PP, a tendencia á alza (quer máis forte na maioría, quer máis morna noutras) do BNG, e a estabilidade relativa do PSdeG. Mais a enquisa do CIS, que desenvolveu máis medios e máis inquéritos (11.011) proxecta uns resultados só un chisco diferentes, porque en realidade as súas conclusións son ben compatíbeis cos de calquera outra enquisa na que ao BNG, ao PSdeG e máis ao PP lles movamos de menos ou máis 2,5 pontos porcentuais, porcentaxe ben máis baixa ca todas e cada unha das marxes de erro reflectidas para cada opción electoral en todas e cada unha das enquisas coñecidas desque Rueda convocou.
O CIS prognostica a probabilidade real de que o PP non acade a maioría absoluta (43,2% de votos con 37 sobre 75 escanos) e de que Ana Pontón (29,3% e 22/75 escanos) sexa presidenta da Xunta canda o PSdeG (20,4% e 16/75 escanos). Mais non deixa de ser unha fotografía estática dun proceso continuo. E non deixa ter un certo sesgo, como todas. Xa que logo cómpre analizala, como a todas, con certo distanciamento. Non esquezamos a elevada cantidade de persoas votantes indecisas (máis dun terzo segundo a enquisa de Infortécnica para La Región) .
Mais o inquérito da axencia estatal de pescudas sociolóxicas reflicte outros dados de moito interese que poden orientar por onde pode ir o proceso de decisión electoral da ampla marxe de persoas indecisas. Velaí a altísima valoración e coñecemento de Pontón (5,77), compatíbel cun moito menor grao de coñecemento de Besteiro, que tamén tende claramente ao aprobado. E tamén a nidia hexemonía do BNG no electorado menor de 45 anos, a súa altísima competitividade no electorado entre 45 e 64 anos e a súa digna representación na marxe entre 65 e 74 anos. Tamén a súa vantaxe nos segmentos con estudos universitarios e secundarios rematados.
O BNG semella ser transversal en grande parte do eixo esquerdas-dereitas, superando ao PSdeG na escolla dos electores en case todo ese eixo e a todos os partidos dende o centro-esquerda á extrema esquerda, nun corpo electoral que ten a súa media aritmética entre o centro-centro e o centro-esquerda máis moderado. Polo BNG votarían o 23% dos votantes do PSdeG e o 50% de Galicia en Común de 2020 e mesmo máis do 5% dos que votaron polo PP daquela, é dicir máis de 30.000 persoas.
Velaí, pois, un escenario onde lles hai e lles haberá moito partido. Un escenario aberto no que a probabilidade dunha substancial remuda na Xunta semella ser cada vez máis real. Todo dependerá, en último de contas, da capacidade de mobilización e concentración do voto do BNG e do PSdeG.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El sanchismo paga bien
Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Sin indicios de paz
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
91 coches matriculados al día
Lo último