Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada: Te recuerdo Viana
A ministra de Sanidade iniciou unha campaña de liquidación do modelo de atención sanitaria de Muface, Isfas e Mugeju desque se incorporou ao Goberno español. Agora, diante das incertezas no acordo cas aseguradoras privadas, asegura que a atención dos funcionarios está garantida porque o sistema público pode absorber plenamente aos 1,5 millóns de mutualistas nunha sanidade pública que “é o mellor lugar onde se pode tratar aos pacientes”.
Toda estratexia política é respetable, pero non é admisible que o dogma ideolóxico se impoña brincando por riba do realismo, porque o prezo é elevado. Pero certamente o prezo nó-no tén que pagar dona Mónica García, pois a Sanidade está en boa parte transferida ás autonomías, que terán que dixerir o elefante que lles quere facer engulir a sra. ministra. Por certo, cada mutualista ten con el aseguradas a non menos de unha ou dúas persoas máis, o que leva a cifra a 3 ou 4 millóns de persoas a integrar nun sistema colapsado.
A sra. García presenta unha imaxe da sanidade privada pouco eficiente e parasitaria da pública, en contraste cunha sanidade pública eficiente e resolutiva. O certo é que os médicos que atenden nunha e noutra son en xeral os mesmos, polo que supoño que se referirá ao sistema de atención médica. Pois un exemplo pode respostar a isto: Veño de atender na miña consulta privada a un paciente mozo con aseguramento público, diabético tipo 1 (“xuvenil”) que require coidados estritos; eran as 20.30h cando entrou i eu estaba na consulta dende as 9.30h da mañá; pregúntome se alguén mantén ese horario de consulta na sanidade pública; botei máis dunha hora con el, porque o precisaba, e tampouco semella que isto aconteza frecuentemente na sanidade pública.
Cando lle preguntei quen o levaba na pública díxome que tamén outro endocrinólogo e que o vía ¡unha vez ao ano! E que no medio o atendía por veces unha enfermeira e por teléfono. Certamente é inaceptable, supón unha irresponsable desatención médica; non alterará moito as estatísticas da sra. ministra de criterios de calidade, pero as consecuencias pra o meu paciente a longo prazo (pra cando a sra. García xa non estea no Goberno) poden ser catastróficas.Non é un caso escepcional e non encontro por onde pode dicir a sra. García que a sanidade pública é mais eficiente cá privada. Certamente é como pra botarse a tremar maxinar qué pode pasar con pacientes como este meu diabético cando a sanidade pública teña que engadir á súa sobrecárrega 3 ou 4 millóns de asegurados máis. Pero seguro que a sra. ministra o arranxa.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada: Te recuerdo Viana
¡BUONE VISIONI!
“He-man y los Masters del universo”
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Al sanchismo no le puede ir peor
Chicho Outeiriño
La despersonalización de las barriadas (I)
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
SUBSTITUYE A ENRIQUE ÁLVAREZ
La Alcaldía de Vilamartín ya la ocupa Sherezade Núñez
CRUCE DE DECLARACIONES
Giorgia Meloni lanza un mensaje a Donald Trump: “Ni yo ni Italia suplicamos jamás”