Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
La inmoralidad de las pensiones
A finais deste mes, en lembranza da publicación do primeiro número da revista Nós o 30 de outubro de 1920, a Coral De Ruada ven ofrecendo tódolos anos, dende 2011 (agás nos anos da epidemia da covid), unha misa en lembranza de tódolos membros da xeración Nós. Penso que é o único acto que, de xeito continuado, ano tras ano, se fai en Ourense na memoria duns homes, ourensáns na súa maioría, que fixeron posible que a nosa querida cidade fose recoñecida como a Atenas de Galicia. Téñase en conta que De Ruada foi fundada dous anos antes da aparición desa revista, concretamente o 5 de outubro de 1918, e que varios dos membros da xeración Nós mantiveron unha estreita relación coa Coral: Xavier Prado “Lameiro” foi un dos seus fundadores e autor das obras teatrais que representou e segue a representar De Ruada, Vicente Risco formou parte da súa primeira Xunta de Goberno, Xaquín Lorenzo “Xocas” foi vicepresidente primeiro da Coral...
De Ruada ven participando en varias misas ao longo do ano (ademais da citada, as misas de Reis e do San Martiño na Catedral) e, en máis dunha ocasión, ténsenos reprochado esta faceta relixiosa dentro das nosas actividades. Seguramente que os que así opinan descoñecen que a Coral De Ruada introduciu na nosa cidade os cantos en galego na misa; cómpre lembrar que a primeira misa en galego, celebrada na capela do Santo Cristo o domingo 7 de xaneiro de 1968, e as dos domingos seguintes, na mesma capela, celebradas durante varios anos, foron cantadas na nosa lingua pola Coral. Ademais, na meirande parte das misas nas que intervén De Ruada -na nosa cidade, na provincia, no resto de Galicia, en España e mesmo fóra da península-, as súas interpretacións son a única contribución ao galego que se produce nestas celebracións. Nin que dicir ten que a coral está formada por homes e mulleres católicos, agnósticos e mesmo ateos, pero todos somos conscientes da institución á que pertencemos e do respecto que debemos aos nosos antecesores, aos nosos costumes e ás nosas tradicións, é dicir, á nosa historia de máis de 106 anos.
De Ruada foi fundada dous anos antes da aparición da revista e varios dos membros da xeración Nós mantiveron unha estreita relación coa coral
Hai uns días caeu nas miñas mans un interesante artigo do profesor de antropoloxía da UNED Rafael Quintía Pereira no que se pode ler: Os seres humanos, como especie social que somos, necesitamos dos ritos comunitarios para reforzar os nexos da nosa sociedade, transmitir a nosa cultura e valores comúns, e construír a nosa identidade como grupo. Os ritos, sexan estes laicos ou relixiosos, son a argamasa coa que se constrúe o sentimento de pertenza e de grupo. Por iso é tan importante fixar no calendario un día ou período no que toda a comunidade se pon de acordo para compartir esa lembranza e homenaxe aos que xa non están. Refírese ao día de Defuntos, pero ben o poderiamos aplicar ao día de Nós co que comecei o presente artigo.
E, se non fosen dabondo os argumentos expostos, temos que lembrar que á Coral De Ruada foille concedido no ano 2018 o Premio Trasalba e que hai uns días foi distinguida co Premio Otero Pedrayo, razóns de máis para que sigamos a celebrar esta sinxela pero agarimosa homenaxe a tan relevantes persoeiros aínda que a repercusión da nosa iniciativa non sexa todo o ampla que nos gustaría. Convidámolos, pois, a acompañarnos na igrexa dos PP. Franciscanos do Parque de San Lázaro o próximo día 28, luns, a partir das 19,00 horas. Poida que non sexamos moitos, pero sairemos reconfortados e satisfeitos de lembrar e homenaxear, un ano máis, aos bos e xenerosos.
Non quero rematar este artigo sen agradecer a xenerosa acollida dos superiores da comunidade franciscana de Ourense na súa igrexa, comezando polo padre Enrique Mourille, co que comezamos no ano 2011, e seguindo polos padres José Manuel Castiñeira, Humberto González e o actual, padre Manuel Varela.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
La inmoralidad de las pensiones
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Escavacións arqueolóxicas nas orixes de Ourense: o solar Pompeo
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
El patio andaluz
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE INVIERNO
Las nuevas generaciones de la gente guapa y lo contrario
Lo último
ENTROIDO DE XINZO
Las olas toman la Praza Maior en Xinzo en el domingo oleiro
PLENO EXTRAORDINARIO URGENTE
Jácome da casi por perdidas subvenciones que rozan el millón de euros y echa balones fuera: "Yo no hice las leyes"
RATIFICACIÓN PENDIENTE
Acuerdo de financiación entre demócratas y republicanos en el Senado de EEUU