Antonio Nespereira
La "ley ELA" se ceba con Fernando
TÍA MANUELA
Un amigo, lector deste xornal, ao constatar que a maioría da persoas profesionais da política non escoitan e que ninguén as entende, fixo unha listaxe breve cos animais do mundo que teñen as orellas grandes, entre os que figura o elefante africano, ese que ten orellas enormes, as máis grandes dos animais que viven na terra, con ata dous metros de lonxitude cada unha delas. Pero, obviamente, a aqueles ou a aquelas que andan na política e, máis concretamente na procura de votos, de pouco (ou de nada) lles vale que escoiten ben e todo os elefantes.
Hai morcegos incluídos na relación deste lector. Ninguén sabe moi ben cal foi a motivación, pero el préstalle atención ao morcego orelludo, pertencente a unha especie que abunda en Europa e, ao parecer, tamén en Asia. As orellas deste insectívoro poden ser do tamaño do seu corpo pardo. Outro dos animais de orellas grandes é o fermoso e pequeno raposo do deserto, un animal que escoita tódolos sons do seu arredor, incluso o das miñocas cando están na súa galería, baixo terra.
Tamén a lebre de California ten orellas longas. Poida que apareza nesta enumeración pola súa fermosura e pola capacidade para cambiar velozmente de sitio. Está e, nun instante, non se ve. Esta lebre atópase en paraxes por onde tamén se move o cervo mulo, un herbívoro de cornamenta e orellas grades, iguais que as dunha mula ou dunha burra calquera.
Aínda que non sexan grandes, as orellas teñen a súa importancia para aquela xente involucrada en tarefas de mando
Dos humanos, a persoa coas orellas máis grandes do mundo é a turca Rumeysa Gelgi, unha muller que mide dous metros e quince centímetros, segundo o Guinness World Records, de 2024. As orellas desta avogada e investigadora, con case dez centímetros de lonxitude, acentúan as súas diferenzas coa demais xente.
As orellas protexen aos ouvidos para escoitar mellor, e tamén falan, indican posición, carácter, personalidade e incluso intelixencia na cabeza á que están suxeitas e da que forman parte. Quen agache as orellas ou a cabeza diante dos poderosos, perderá a liberdade súa e a dos seus.
Aínda que non sexan grandes, as orellas teñen a súa importancia para aquela xente involucrada en tarefas de mando, de aprobación de normas, de goberno e de dirección do destino da sociedade. Como recorda a Tía Manuela, “os pérfidos e malvados, empreñan por elas”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Antonio Nespereira
La "ley ELA" se ceba con Fernando
Luís Celeiro
TÍA MANUELA
Empreñan por elas
Jenaro Castro
MORRIÑA.COM
Elecciones imaginarias
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Las leyendas del cementerio de San Francisco
Lo último
DATOS DEL INSTITUTO NACIONAL DE ESTADÍSTICA
Récord de turistas en España con 26,6 millones hasta abril
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este miércoles, 3 de junio
ACUERDO COMERCIAL
La Eurocámara avanza en el pacto arancelario con EEUU