Manuel Orío
RECORTES
Andalucía pide paso
¡BUONE VISIONI!
O filme de David Valero, Enemigos, podería ser herdeiro do ‘cine quinqui’ español dos finais dos anos setenta. Películas ambientadas pola maiorías nos extrarradios das grandes cidades do sur de España, con historias centradas na exclusión social, sobre delincuentes e toxicómanos. Un xénero que tivo como máximos representantes a José Antonio de la Loma ou Eloy de la Iglesia, no que se poderían incluír filmes gravados en anos posteriores como Báilame el agua (2000) de Josextxo San Mateo ou El bola (2000) de Achero Mañas.
David Valero é tamén un director de documentais. En Enemigos nótase o mesma postura sobre a realidade aprendida no desenvolvemento das súas películas de non ficción. Un traballo de campo, unha aprendizaxe experiencial que aporta veracidade e sen dúbida unha unicidade a esta historia. De feito o filme trae inspiración – así como boa parte da filmografía quinqui - da biografía do director, gravouse na colonia Requena de San Vicente del Raspeig - a localidade natal de David Valero - e coa implicación máxima dos veciños do barrio.
Vítima e verdugo, acosado e acosador, creceron sendo inimigos irreconciliables
Chimo (alter ego de Valero) e El Rubio son dous adolescentes que viven nos extrarradios de Alicante. Vítima e verdugo, acosado e acosador, creceron sendo inimigos irreconciliables. Un día, Chimo ten a oportunidade de vingarse e decide levar a cabo o seu plan sen imaxinarse as consecuencias que isto terá nas vidas de ambos...
Enemigos é un filme dirixido principalmente a un público adolescente. Intenta abrir un diálogo coas novas xeracións, utilizando a súa propia linguaxe, a súa xerga e sobre todo a súa música urbana: Kase.O, Maka, Yung Beef, La Mala Rodríguez, Lin Cortés ademais dunha banda sonora composta por Bnet, David Lean e Remate, acompañan a narración. As letras dos temas aparecen as veces escritos na pantalla, nun intento adicional por achegarse aínda máis ao público novo, máis afeito á estética do videoclip e ao linguaxe de tik tok.
Enemigos non é unha película de bos e malos. Intenta enfocar de forma sincera e desde o punto de vista do perdón unha historia de acoso e violencia. Neste sentido é unha película sentimental e de bos valores, incluso educativa, e que podería ser proxectada nos institutos.
Christian Chueca pero sobre todo Hugo Welzel no papel do malote, encarnan uns personaxes bastante cribles aínda que a historia non resulte del todo redonda. Enemigos é unha película imperfecta, as veces os xiros de guión son demasiado simpliños ou sinxelamente non encaixan, pero o principal mérito do filme é o de xerar un debate interesante sobre os múltiples temas que toca, ademais do bullying. O filme de David Valero poderá decepcionar aos cinéfilos máis exixentes e desconcertar boa parte do público adulto, pero seguramente cautivará unha nova audiencia ao igual fixeron as películas do cine quinqui para ás súas xeracións.
Este fin de semana llegan varias películas a la cartelera. Entre los estrenos destaca “Destino final: Lazos de sangre”, sexta entrega de la saga de terror sobrenatural. En ella, Stefanie intenta romper el ciclo de muerte que persigue a su familia. Dirigen Zach Lipovsky y Adam Stein. También se estrena “Bonhoeffer, el espía”, basada en hechos reales. La película narra cómo Dietrich Bonhoeffer se opuso a Hitler y participó en un complot contra él.
En el género de aventuras llega “Estocolmo 1520. El rey tirano”, dirigida por Mikael Hafström. Cuenta la historia del conflicto entre Suecia y Dinamarca con dos hermanas en busca de venganza en el centro del drama.
En cuanto al cine español, se estrenan varias propuestas. “Lo que queda de ti”, de Gala Gracia, muestra a una pianista que vuelve a su pueblo para hacerse cargo del legado de su padre. “El cuento del lobo”, dirigida por Norberto López Amado, adapta la obra de Borja Ortiz de Gondra y plantea un dilema moral entre la verdad y sus consecuencias.
También llega el documental de Azucena Rodríguez sobre la escritora Almudena Grandes, que reconstruye su visión del mundo y su legado a través del relato de su marido, Luis García Montero.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
REAL ACADEMIA GALEGA DE CIENCIAS
María Martimón, paleoantropóloga ourensana: "La ciencia es muy a la gallega, siempre suele responder con otra pregunta"