Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Portero de noche
Na miña memoria gardo o vivido en Mondariz-Balneario con Luís Soto. Ocorreu hai ben anos.Visitabamos o balneario e naquel escenario o vello amigo evocou a grandeza política de Enrique Peinador a quen algún día Galicía terá que renderlle recoñemento en pública homenaxe. Gardei para min aquel desexo durante moito tempo, e cando as circunstancias foron propicias boteime ao rescate da súa memoria.
Cóntame José Antonio Lorenzo, alcalde do Concello, a quen lle debemos o seu apoio incondicional neste empeño, que non hai hóspede do balneario, voda ou calquera outro acontecemento social que ali se celebre que non acaben fotografándose no monumento a Enrique Peinador Lines. É o monumento de referencia da Vila. Tampouco pasa desapercibido o busto do mesmo escultor para os estudantes da escolas de Enxeñería Técnica e dos de Estudos Empresariais, colocado nas súas inmediacións.
Se a iso lle sumamos a documentadísima biografía do profesor Ricardo Gurriarán publicada polo Foro E. Peinador, podemos afirmar que aquel empresario soñador a quen o xornalista Xohan Carballeira denominou, polos seus moitos merecementos “cónsul do galeguismo”, o rescate da súa memoria está feita en boa parte.
Peinador foi, sen dúbida, o creador da fórmula aritmética tan usada polos planificadores da economía: I+D+i , á que el lle engadíu outro sumando, o “ G”, de galeguismo; e precursor tamén da contribución activa e voluntaria, coñecida como Responsabilidade Social Empresarial ou Corporativa.
Para os que descoñezan a biografía de Enrique Peinador Lines cómpre informalos que foi membro do Comisión Excutiva do Partido Galeguista. Fixo de intermediario con moitos empresarios para que abrazasen o galeguismo con moito éxito. Recordemos aquí que a fábrica de Massó,en Bueu, en 1934 tiña toda a sinalética interior en lingua galega. Que o noso idioma campase nos muros da conserveira foi un dos éxitos atribuído a Peinador. Ramón Cabanillas, foi encargado de prensa e relacións públicas do balneario (figura orixinal no panorama empresarial do seu tempo), que exercía de animador de tertulias e conversas con personaxes influíntes nas estancias do hotel, mentres era concelleiro na corporación municipal de 1929.
Grazas ao mecenado de Peinador, a revista “Nós”, que durante un ano e medio interrompera a súa publcación por falta de financiación, volveu saír do prelo.
Poucos saben que Enrique Peinador acudíu ao despacho de Portela Valladares, sendo este ministro de Gobernación para interceder por Castelao e Bóveda, cando estaban sancionados polo Goberno de Lerroux con desterro en Cádiz de Badajoz.
A súa presencia é múltiple. Vémolo participando no Pacto de Barrantes, no mitin das arengas na praza da Quintana, viaxando a Tolosa para solidarizarse coas minorías vasca e catalá no Congreso dos Deputados que decidirán abandonar o hemicilio parlamentario nunha sesión polo ataque do goberno central á Generalitat pola lei catalá de contratos de arrendamento. Acude ao cárcere Modelo a visitar a Lluis Companys para transmitirlle a solidariedade do Partido Galeguista. Está presente na reunión que en Madrid os galeguistas mantiveron con dirixentes de Izquierda Republicana para falaren do Estatuto de Autonomía. e establecer un pacto para a súa materialización plesbicitaria (co seu apoio económico,por certo) e posterior sanción polo Congreso.
En 1936 Enrique Peinador Lines, sendo un home acaudalado, non sei foi coa escisión provocada pola Dereita Galeguista; formou parte dos 27 precandidatos eleixidos do PG para formar parte das listas electorais da Fronte Popular. E para rematar o seu ciclo político prebélico, cómpre salientar que foi a Madrid formando parte dunha comisión encargada de entregar no Congreso o texto do Estatuto de Autonomia.
Enrique Peinador morreu en Vigo o 20 de xuño do ano 1940, con sesenta anos, ben novo, dous meses despois de que fose fusilado polos sublevados en Madrid o seu fillo Enrique Peinador Porrúa, posiblemente pola tristura que lle causara aquel suceso, despois de intentar reogarnizar o PG na clandestinidade.
Nas vésperas do Día da Patria Galega, ben está que fagamos este exercicio de memoria.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Portero de noche
Carlos Risco
LA CIUDAD QUE TODAVÍA ESTÁ
El empedrado medieval de la ciudad vieja
Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
Los más de mil apodos de Benchosey… y los nuestros
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Nicolás
Lo último
ACCIDENTE LABORAL MORTAL
Muere un hombre por una posible intoxicación de monóxido de carbono al revisar un generador
DEFICIENCIAS EN LA SEGURIDAD
Primor cierra temporalmente en la rúa do Paseo en Ourense por incumplir la normativa de incendios
INVESTIGACIÓN JUVENIL
Vídeo | Cuatro adolescentes de Nigrán investigados por agredir y humillar a un menor