José Luis Gómez
CUENTA DE RESULTADOS
No basta con que la economía crezca
Un día de Entroido, quero pensar que era luns do ano 1962, había un almacén de obras públicas na saída da rúa principal cara a Ourense, un pouco antes do Pombal, onde se gardaba material para a reparación das estradas da zona. Xunto ao portón de entrada había varios bidóns de chapapote, moitos sinais de tráfico, varios sacos de grava e un carro con rodas de goma que usaban para transportar materiais no almacén.
Pasabamos por alí, o Pepe Peaguda, o Alfonso Clemente e mais eu, e non se nos ocorre outra cousa que cargar varios sinais de tráfico no carro. Partimos cara ao centro da vila e imos colocando sinais polo camiño para reducir a velocidade, aos escasos coches que circulaban a primeira hora da mañá. Chegamos á altura do Café Imperial, onde paramos e situámolo último sinal de dirección obrigatoria cara a porta do café.
A todo isto, como era a única estrada que había en dirección a Capita de España, achégase un turismo con matrícula de Madrid, cara a onde se dirixía e, facendo caso dos sinais, o conductor para,saca a cabeza pola ventaniña, con cara de poucos amigos. Pregunta que está pasando. Invitámolo a baixar do coche para explicarllo. Baixaron o matrimonio e dous cativos que viaxaban na parte datrás. Moi alterados, din que teñen présa por chegar á casa. Dirixímolos cara a entrada do café e tranquilizámolos explicándolles que se trataba dunha broma, que son as festas do Entroido no pobo e que, amablemente, queriamos convidalos a tomar un café, ou o que lles apetecera. O marido mirou cara a muller, esbozando un sorriso ao que ela correspondeu. A partires daí, todo foi máis doado. Interesáronse pola festa do Entroido. Un deles contounos que tiña parentes en Vilagarcía, o que axudou a que todo fora máis distendido. Os nenos estaban encantados. Logo invitáronnos iles a unha consumición e xa non se voltou a falar de présas.
Cando se despedían abaneaban as mans polas ventaniñas do coche con satisfacción, ao que correspondemos da mesma maneira.
Logo, como xa era máis tarde e escomenzaban a vir máis coches e podía complicarse o asunto, decidimos recoller os sinais e botalas enriba do carro para devolvelas ao seu sitio. Aquiles días estabamos un pouco preocupados. Non saboamos se non se enteraran en Obras Públicas do asunto, ou non quixeron enterarse. O certo é que, coma sempre, nestas festas nunca pasa nada.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
José Luis Gómez
CUENTA DE RESULTADOS
No basta con que la economía crezca
La Región
La memoria de las plantas
Jorge Vázquez
LA OPINIÓN
Líbero
Jenaro Castro
TRAZADO HORIZONTAL
España está quemada
Lo último
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, domingo 2 de agosto?
ENCANTO PATRIMONIAL
El turismo ve Ourense como lugar de paso por falta de oferta cultural