Pilar Cernuda
LAS CLAVES
Sánchez, cuestionado por los suyos pero inamovible
PINGAS DE ORBALLO
Baixei o lombo para atar os amallós dos zapatos. Nun primeiro momento notei algo así coma un flash escuro, é dicir, un mareo e tamén, xusto ó momento, un estralo. No óso da soá. Xa non teño idade para agacharme moito. Ó incorporarme, zas, peguei co cóbado dereito nun recanto da mesa. E como non teño graxa ningunha, como son todo ósos, si, vin as estrelas. Querer saír de can empezaba a poñerse costa arriba.
Nun primeiro momento notei algo así coma un flash escuro, é dicir, un mareo e tamén, xusto ó momento, un estralo. No óso da soá.
Mais como sempre fun heroe para todo, tirei para adiante; a min non me retén nada na casa. Abrín a porta e, ale carallo, tardei en retirar a cara, polo que peguei contra o nariz, o fociño. Non sangrei de puto milagre. Empecei a pensar nesas películas cómicas e mudas de Charlot, Harold Lloyd, Buster Keaton, etc., nas que só hai golpes e máis golpes. Tamén empecei a temer de que aí non paraba a cousa, de que, como se adoita dicir, erguín co pé esquerdo.
Ante iso, baixei con moito tino as escaleiras. Pero, estaba visto, Evaristo, non tardei en torcer un nocello. As expresións e pensamentos cara á eses insultos e palabras groseiras non se poden escribir aquí. Xa moi cabreado e, iso si, aínda máis doente, seguín. Puxen un pé na rúa e non me atropelou un coche grazas á virxe dos Milagres. Nun amén estiven a punto de retroceder e subir de novo para a casa. Para que, me dixen; se subo seguro que me mato polas escaleiras abaixo.
Por fin sentinme seguro cando sentei na terraza do bar e me puxeron o café. Boteille o primeiro trago e pensei que me quedaba sen lingua. Definitivamente, erguera co pé esquerdo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Pilar Cernuda
LAS CLAVES
Sánchez, cuestionado por los suyos pero inamovible
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE OTOÑO
Hay que ir sacando la ropa de fiesta
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
Premios de arquitectura en Ourense
Fermín Bocos
Zapatero, cada vez más sombras
Lo último
"MIEDO, ANGUSTIA Y DOLOR"
Entre la ilusión de los niños ourensanos y el estrés de los renos en trineo
PRIMERA DERROTA EN EL PAZO
El COB paga carísimo un mal primer cuarto ante un Gipuzkoa muy acertado (77-89)