Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
Raigame, tradiciones que matan
DIARIOS DO PASADO
Volvemos sobre as Burgas para contarlles o esencial das últimas intervencións arqueolóxicas. Foi nas fincas situadas detrás das rúas de Cervantes, do Vilar e do Baño. En 2005, o Concello de Ourense iniciaba o proxecto de recuperación deste entorno termal coa construción do bulevar, o xardín en que se transformou esta zona esencial para Ourense. Dados os antecedentes arqueolóxicos e o entón recén declarado BIC das Burgas, programouse unha gran escavación. Despois das primeiras sondaxes dirixidas por R. Cristóbal en 2005 e Celso R. Cao en 2006, este último dirixiu a escavación en área de todo o sector a partir do ano 2008.
Os resultados, sumados aos que vimos en colaboracións anteriores, axudaron a valorar ente enclave e o papel que desempeñaron as fontes mineromedicinais no primeiro asentamento romano. A grandes trazas, os achados desa época organízanse en dous sectores diferentes: o setentrional ou “Casa dos Fornos” e o meridional ou das fincas traseiras do Vilar e do Baño. Na zona norte, Celso R. Cao descubriu os restos dun edificio termal construído na segunda metade do s. I d. C. Albergaba unha piscina que, con toda probabilidade, se enchía co mesmo manancial que agora brota na Burga de Arriba. Este edificio, se escavar na súa totalidade, parece que foi reformado na segunda metade do s. II. Durante o século que estivo en uso a piscina documentáronse, polo momento, seis altares -aras- dedicados ao deus “Revve Anabaraego”, só nunha delas escrito “Reve”, a que publicou o anterior director do Museo Arqueolóxico, X. Rodríguez en 1997. O número destras ofrendas descubertas ata hoxe, converte ás Burgas na escavación coa maior cantidade de dedicacións a un deus en ambiente termal. Este tipo de achados conduce a interpretar o edificio da piscina como un factible santuario onde se practicaba un ritual de curación, unha hierofanía na que o deus concedía os seus dons a través das augas sacralizadas. No sector meridional, R. Cao descubriu unha serie de estancias de edificios cunha función que non se puido determinar en todas elas. Pero a aparición de ladrillos característicos das termas romanas, así como a factible continuidade estrutural dos muros co edificio termal descuberto por L. Orero no patio das “Josefinas”, fan pensar nun complexo arquitectónico de uso hixiénico ou doméstico. Entre ambos sectores, o setentrional e o meridional, documentouse un vacío de arquitecturas da etapa romana, aparecendo tan só dúas tumbas que poderían datarse nos inicios do s. IV d. C. e que poden representar o fin do asentamento romano na zona das Burgas. Contamos, pois, cun enclave de momento endémico no seu uso termal en época romana e que, polas ruínas descubertas, parece indicar unha zona norte de baño ritual ou sacralizado diferente da zona sur, onde se localizan restos de edificios termais calefactados con hipocaustos que parecen estar a indicar un uso hixiénico da auga.
Entre os numerosos materiais exhumados e ademais das seis aras dedicadas a Revve Anabaraego, destacamos un camafeo de pasta vítrea atopado na Casa dos Fornos. Representa unha escena de baño da deusa Afrodita e, como estudou M. Xusto, foi elaborado coa técnica de molde. A cronoloxía, coincide coa etapa final do edificio sacralizado con piscina, mediados do s. II. Hoxe utilizámolo como logotipo do Departamento de Arqueoloxía do Concello de Ourense.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
Raigame, tradiciones que matan
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE INVIERNO
El tiempo entre las despedidas y las bienvenidas
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Escavacións arqueolóxicas nas orixes de Ourense: as Burgas (e III)
Rosendo Luis Fernández
¿Piove?, ¡Porco Goberno!
Lo último
ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este sábado, 7 de marzo, en Ourense
PODCAST Y VÍDEO
El primer café | Sábado, 7 de marzo