Miguel Michinel
TINTA DE VERANO
Cuaresma
DENDE SEIXO-ALBO
Parece unha comparación esaxerada. Mais penso que algo en común hai pois no fondo relacionase co que vou expor. Non hai moito tempo políticos españois louvaban a este inmenso país como unha democracia modelo, pois era madura e celosa dos seus principios e liberdades colectivas e individuais. Mesmo a presidenta madrileña catalógaa hoxe como o Faro da liberdade. Estoume a referir ós EE.UU. Mais a medida que pasan os días percibimos con moita claridade que non é o paraíso democrático que nos queren vender. Todos sabemos como naceu este imperio. Todos lembramos as películas do oeste onde os brancos eran os bos e os indios os salvaxes. Todos vimos como loita a loita se foron machacando as nacións indias por emigrantes, a maioría europeos, e dese xeito conquistaron as terras das nacións indias. Tamén lembramos a escravitude, a guerra entre os americanos do norte e os do sur. Igualmente o atentado contra un barco que desencadeou a guerra contra España pra que deixara Cuba.
Polo que dedúcese que na poboación dese grande estado habita unha parte guerreira que leva á nación americana a considerar que o mundo conquístase sempre pola forza; que pensan que son superiores ós demais cidadáns do planeta, e que por iso sempre están cheos de razóns pra actuar militarmente en calquera pais da orbe. Mellor onde lles pete. Pode que sexa unha minoría a que así actúa, pero hoxe son os que mandan. Co que partindo de esa áurea de superioridade, os seus mandatarios entenden que son os donos da terra e que poden intervir en calquera parte libremente, pois teñen a forza e actúan como hai miles de anos o facían os espartanos. A vella Europa, espazo xeográfico no que aconteceron mil conflitos bélicos, con un chisco máis de experiencia e saber, foi o berce de grandes filósofos e homes de ciencia. Persoas que, con mil atrancos, trouxeron progreso no mundo. Vamos, algo semellante a Atenas grega da que somos herdeiros. Ali a democracia, o saber e a reflexión foron o punto de partido do mundo occidental. Polo que hoxe temos por un lado a lei da forza e a imposición, neste caso apoiándose nun grande exército que necesita conflitos para manterse economicamente, e polo outro un mundo máis comedido e respectuoso cos dereitos dos humanos.
Por eso a todos nos choca nestes días ver ós matóns de Trump machacando á xente e aplicando o dito: primeiro dispara e logo pregunta. E con esas imaxes tan ferintes ímonos decatando que o que acontece no país das barras e estrelas non é tan fermoso como o pintan algúns dos líderes que andan polo noso Estado. Se os espartanos eran xente unicamente preparada para a guerra; os atenienses eran todo o contrario. Pois ben, hoxe, no coloso americano, chegou ó poder un representante dos poderosos; dos que queren gobernar o mundo coa tecnoloxía fabricando medias verdades e mentiras. Dos que queren mandar sen contar coa masa social á que pretenden manipular nas súas redes coa intelixencia artificial. Polo que, atención: estamos nunha loita entre os herdeiros dos espartanos e dos sucesores dos antigos gregos. E o malo é que toda esta loita faise en nome da liberdade. E ate a señora Ayuso actúa depreciando o valor das medallas da comunidade que goberna e dálle unha distinción ós ianquis, pois seica son o faro do que lea entende por liberdade. En fin, cousas veredes.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Miguel Michinel
TINTA DE VERANO
Cuaresma
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Mentira
Fernando Lusson
VÍA DE SERVICIO
Contra toda lógica
Manuel Herminio Iglesias
DENDE SEIXO-ALBO
Esparta e Atenas
Lo último
ZONA DE PROMOCIÓN
Santi de Prado, de la UD Ourense: “Queremos jugar el play off”
FAMILIA UNIDA POR LA LITERATURA
Unión de sangre y letras en una familia ourensana
CICATRICES DO LUME
Sementes de esperanza nunha montaña queimada no corazón das Terras de Trives