Itxu Díaz
CRÓNICAS DE VERANO
Luciendo palmito moreno en las mejores fiestas
PINGAS DE ORBALLO
Establecín o récord mundial de rir e chorar; en intervalos de tan só cinco minutos. Comecei primeiro coas risas durante cinco minutos e, ós dez segundos, xa comezaba coas bágoas. Cinco minutos, dez segundos; cinco minutos, dez segundos. Así levo xa 32 días.
Neses dez segundos teño tempo de botarlle un grolo e, noutros, doulle un bocado ó que me ofreza o público.
Porque teño público, moito público. E segundo vai transcendendo a animalada -o evento, o asunto que estou levando a cabo-, cada vez se suma máis xente. O máis bonito de todo é que rin comigo, rin a gargalladas. Tamén é certo que, nos choros, non chegan a chorar, pero si se lles nota certa tristura. Aínda que hai algúns que, quizais polos nervios ou polo esperpento que están a presenciar, seguen a rir.
De cando en vez sóltolles un “vai por vós, veciños” e comezo a rir a cachón
Cando xa quedo saciado de comer e beber, aproveito os dez segundos para atender ós medios de comunicación, mesmo ás barrabasadas dalgúns veciños que me animan de todas as maneiras habidas e por haber. Son boa xente. Eu tamén me porto ben con eles. Hai empatía. De cando en vez sóltolles un “vai por vós, veciños” e comezo a rir a cachón. Eles non tardan en seguirme.
32 días non é moco de pavo nin peixe podre. Ó pouco de iniciar o desafío souben de dous ou tres que acometeran tal reto e o deixaran ás poucas horas. O meu vai camiño de ser imbatible, eterno. Porque, por se aínda non o sabedes -e por se aínda non o dixen-, vou seguir con el, a ver se aguanto polo menos 32 días máis.
Cousas de rir e de chorar.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE VERANO
Luciendo palmito moreno en las mejores fiestas
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
No era para tanto esto del mar
CLAVE GALICIA
Abel a toda pantalla
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
A mesquita de Guitiriz, unha curiosidade bélica recente
Lo último