Rafael Dávila Álvarez
Sobre joyas y joyos
ARTE ET ALIA
Quixo desta volta a Real academia galega de Belas Artes (RAGBA) dedicar o día das artes, inaugurado o 1 de abril co gallo da firma nos dinteis do Pórtico da Gloria polo Mestre Mateo, cun grande da fotografía fillo de Allariz, ao que sumouse a Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense co Centro Cultural Marcos Valcárcel para a exposición antolóxica. Promovida polo académico Xurxo Lobato, quen salienta de Suárez a seu “carácter humanista en conexión con las vanguardas de su tiempo”, en concreto a Nova Obxetividade, que gustou centrarse nunha ollada reflexiva, “centrada en la figura humana y totalmente alejada del folclorismo”. O curador da mostra é Xosé Carlos López Bernárdez, tamén académico da RAGBA. A mostra do CCMV segue a senda aberta pola do Instituto Cervantes, Unos ojos vivos que piensan, Madrid, 2016, en palabras de José Bergamín, que comisariaron Manuel Sendón e Xosé Manuel Suárez Canal, sobriño do fotógrafo, primeira retrospectiva dende a do Círculo de Bellas Artes en 1935, un ano antes do seu exilio tralo golpe de Estado do Xeneral Franco. Foron 173 fotografías e un centenar de documentos y publicacións e escritos, incluído a carta de ‘despedida’ antes do suicidio en A Garda, Pontevedra, 1974. E cos mesmos comisarios expúxose no museo de Pontevedra, edificio Castelao, en 2021, amosando obra dende os anos trinta até o regreso a Galicia en 1959. Co acto público institucional en Allariz a comezos do presente pasado abril, foi inaugurada alí unha mostra-legado en 25 lonas de gran formato polas paredes das casas e até algunha igrexa, nas que se pode seguir a súa vida e traxectoria da súa forzada estadía en América do S., a viaxe a Xapón coas series de imaxes de oleiros de Niñodaguia, da Mancha, e amigos. Un diálogo visual e unha reivindicación. Así os Mariñeiros que inicia en 1936 en España e remata en Bos Aires, dende a que fixo un documental que, trala súa exhibición, perdeuse.
A mostra do CCMV segue a senda aberta pola do Instituto Cervantes, Unos ojos vivos que piensan, Madrid, 2016
O seu ollar humanista, de encadre cinematográfico, arte e industria na que comezara en España en Cifesa, produtora e distribuidora, traballando como fotógrafo de rodaxe, da que recibiu o encargo de dirixir uns documentais etnográficas; e xa en Arxentina actúa en La boda, fai a fotografía de Los caranchos de la Florida, Veinte años y una noche e Malambo, pola que leva un premio, e dirixe La mujer y el jockey (hipódromo), 1939. Viviu en Uruguai e marcha a Xapón uns anos, onde coñece a Kurosawa. As súas viaxes comezaron para estudar dereito en Salamanca, onde se vencella ao liberalismo progresista demócrata republicano. Trata a Unamuno, quen lle escribiu o prólogo para “50 fotos de Salamanca”; Ortega y Gasset, Pérez de Ayala e Alberti, sendo asemade un galeguista de sentimento, en relación con Blanco Amor e Seoane. Traballa en prensa, fai os libros Nieve en la cordillera, e The life & death of the fihting bull, sobre o touro de lidia, prólogo John Marks. Hai que conservar e difundir o seu legado, ao que contribuirá o estreo do documental de Lobato, un dos grandes da fotografía documentalista galega, e xornada do Consello da Cultura Galega Revisando a nosa arte.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Segmento prémium
Phuket refugia el lujo en villas privadas frente al mar en Tailandia
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este viernes, 19 de junio
USO DEL MÓVIL
Los adolescentes quieren reducir el uso del móvil