Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada Ourense: Cómo ser profesor y no morir en el intento
DIARIO LEGAL
Dende o 10 de abril, xa está en vigor a Lei Orgánica 1/2026, de 8 de abril, en materia de multirreincidencia, a cal, modifica o Código Penal e a Lei de Enxuizamento Criminal, sendo aplicables estas modificacións aos delitos cometidos (no enxuizados) a partir da referida data, salvo que estas modificacións sexan máis beneficiosas para a persoa acusada, aínda que, como veremos, difícilmente sucederá.
Na exposición de motivos, a Lei fai mención á súa finalidade, centrándose en combatir a resposta penal aos delitos de escasa cuantía, pero reiterativos (o que denomina multirreincidencia) especialmente no comercio local, onde, existía certa sensación de impunidade ou facilidade en que se volvesen a cometer. Tamén se centra en agravar os delitos en explotaciones agrícolas e gandeiras, que se vían gravemente afectadas pola sustracción de cultivo e maquinaria ou ferramenta, sendo necesario, ata esta reforma, acreditar que era un perxuicio grave, e agora, simplemente que o valor do sustraído sexa superior a 400 euros. Tamén se agrava a sustración de dispositivos móviles, polo feito do perxuizo que supón máis alá do seu valor, en canto á privacidade, datos bancarios e incomodidade na restauración da información e no seu, por desgraza, esencial, uso na vida cotiá, polo que non sería aplicado aos dispositivos de exposición ou para a venta.
Con esta reforma, desaparece o criterio cuantitativo de que o valor do sustraído fora superior a 400 euros para agravar a pena do delito de hurto, sendo sustituído pola multireincidencia, é dicir, se o culpable do delito leve de hurto, no momento da comisión, xa tiña tres antecedentes de igual natureza e que non sexan cancelables, será castigado coa pena de prisión de 6 a 18 meses (antes pena de multa).
Respecto ao procedemento penal, modifícanse os artigos 13 e 544 bis da Lei de Enxuizamento Criminal
Pero, a verdadeira implicación, especialmente na sensación social de facilidade de reiteración e escaso reproche penal, está na suspensión da execución da pena, xa que, antes, un delito leve non computaba a efectos de concederse a suspensión, pero agora se existe o agravante de multirreincidencia, pode privar desta suspensión e conlevar o ingreso en prisión. Esto se materializa na modificación do artigo 22, 8ª, do Código Penal.
Tamén se modifica o artigo 80, regla 1ª do apartado 2, imposibilitando que se considere delincuente primario a un reo por delito leve agravado por multirreincidencia.
Entre outras modificacións, tamén se agrava: o delito de estafa en caso de tres condenas anteriores da mesma natureza; o delito de defraudación de fluído eléctrico; e se engade o delito de “petaqueo” ou suministro loxístico de combustible ás narcolanchas.
Respecto ao procedemento penal, modifícanse os artigos 13 e 544 bis da Lei de Enxuizamento Criminal, para garantir que os xulgados poidan adoptar con maior eficacia medidas cautelares de carácter persoal, como a prohibición de acudir ou residir en determinados lugares.
Finalmente, modifícase o artigo 105.3 da referida Lei de Enxuizamento Criminal, lexitimando ás entidades locales para exercer a acción penal nos delitos de hurto.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada Ourense: Cómo ser profesor y no morir en el intento
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
El alcalde que no quiere suelo industrial
Brais Iglesias
ZONA NEUTRAL
El asiento vacío
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
El ourensano que preside la bienal de cartelismo más reconocida del mundo
Lo último
CONSIGUE LAS FIRMAS DE LOS PILOTOS
Galería | Arrancan los motores con la ceremonia de inauguración del Rally de Ourense, en fotos