José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Dúas lendas de mouros en Muíños
Contra calquera evidencia, a velocidade ten máis que ver coa lentitude que con andar a présa. De feito, na historia do progreso humano constátase que na medida que avanzamos e facemos novos descubrimentos, celeridade é igual a parsimonia. Non sei ben como explicalo. Nunca como hoxe se sucederon as cousas a tanta resolución e vertixe. Esteamos de acordo nese extremo. Igualmente ?coincidamos por segunda vez?, xamais como na actualidade tivemos máis dificultades para procesar a cantidade de datos que nos abafan. Pasa como nesa viñeta de El Roto, na que a sombra dun home lle di a outra: o malo que ten esta idade de ouro da comunicación e a información é que non hai maneira de saber o que ocorre. Asistimos a unha teoría xeral da posmodernidade: a sobreinformación desinforma. Dito doutra maneira: a velocidade dos datos obtúranos e obríganos a ir máis a modo se queremos entender algo do que sucede no perímetro. Talvez vostede lembre aquel experimento levado a cabo no cine Fort Le, de New Yersey, nos anos cincuenta, cando un profesor realizou unha proba sobre publicidade subliminal, introducindo no medio dunha película a mensaxe 'Drink Coca-cola' a unha velocidade dunha milésima de segunda. Isto significaba que o ollo humano non podía advertir a presenza da mensaxe publicitaria, pero si podía facelo o seu subconsciente. A montaxe estaba preparada para ser captada só por baixo dos limites normais da percepción, e o resultado, segundo a lenda, é que o consumo de Coca-cola naquela sala disparouse substancialmente. Atoparán máis datos sobre o experimento no libro de Vance Packard The Hidden Persuaders, de 1957.
Aquela capacidade perceptiva que, baixo especiais condicións nos empuxaba a beber refrescos, non fixo nestes cincuenta anos que pasaron outra cousa que atrofiarse. Pese a que as mensaxes subliminales se converteron en mensaxes evidentes. De feito, canto máis clara, nítida e reiterada é a mensaxe, menos capacidade amosamos para sentirnos influenciada por ela.
Todo sucede diante de nós, pero en que medida o percibimos? A menos que a mensaxe que se nos quere transmitir non sexa tanto a tanxible, que nos tería que levar a revelarnos contra a realidade, como a que, a nivel subconsciente, nos converte en fantasmas para que, diante do proceso de desmantelamento do mundo, fiquemos durmidos, xordos, mortos. O cal podería ser. Que sono...
Contenido patrocinado
También te puede interesar
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Dúas lendas de mouros en Muíños
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
Los años nunca volverán
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE VERANO
Es usted muy gracioso, es usted muy ingeniosa
Alfredo Conde
A TRIRITA
Sobre gatos, ratos, monarcas e presidentes
Lo último
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy sábado, 19 de septiembre
SE COMPLICA LA SITUACIÓN
Cuarta derrota consecutiva de la UD Ourense en Primera Federación (3-1)