Benito Iglesias
La política de vivienda en España debe de ser la de Galicia
TÍA MANUELA
Sería ben escoitar o falar da xente, tamén o daqueles que falan calando. É moi interesante e gratificante o falar dos que escoitan e o daqueles que din algo, ese falar que é exactamente a contraposición dos que falan por falar. Uxío Novoneyra ten entre os seus poemas varios dun só verso, un deles é acaído para esta situación, ‘’De tanto calar xa falo eu solo’’. Si señor! Un verso co falar do mundo enteiro, que anticipaba a enorme soidade da Galicia do interior e montañosa, daquela xente, da nosa xente e dos nosos mortos.
A soidade da nosa Galicia que está “borrosa na historia”, aínda que “sabemos que ti podes ser outra cousa”. Sabeo a xente do pobo, e sabíao toda aquela xente que fuxiu na procura dunha codia de pan. Moita daquela xente que non poido volver e da que non queda memoria.
Pois, falando de memoria e do Cebreiro, hai cen anos que se publicou “Na noite estrelecida”, de Ramón Cabanillas
Menos mal que queda a poesía dos poetas da terra, como Ramón Cabanillas e moitos outros que aportan á cultura galega un respecto encomiable. Se falamos de Cabanillas, falamos da nosa terra, falamos daquel home namorado do seu Cambados natal, “pobre, fidalgo e soñador”, do Samos lugués e do Cebreiro do Santo Grial, alá no alto, na mesma entrada do Camiño de Santiago en Galicia, por onde andan e paran os peregrinos.
Pois, falando de memoria e do Cebreiro, hai cen anos que se publicou “Na noite estrelecida”, de Ramón Cabanillas. E, dende aquel 1926, o poeta e seus versos foron nexo de unión (con Samos no camiño) entre o Cebreiro de Pedrafita e o Cambados arousán. Unión que se afianza co traballo intelectual do profesor Manuel Núñez Pérez, natural da montaña de Lugo e profesionalmente docente en centros de ensino pontevedreses.
En “Na noite estrelecida” aparecen tres composicións poéticas, as tres loadas polos estudosos e académicos. As tres, meritorias. Unha delas é “O cabaleiro do Sant Grial”. Para honrar ao seu autor, cen anos despois da súa publicación, o oito do vindeiro mes de agosto, farase un acto en O Cebreiro. Os promotores, o citado Manuel Nuñez; o párroco, Francisco Castro; o académico, Francisco Fernández Rei; os integrantes da Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago e todas aquelas persoas que o desexen, poderán ver as “estrelas de ouro no ceo” e ler en voz alta, as veces que faga falta, os versos deste poema. Parabéns!
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
SIN RECUPERAR LA NORMALIDAD
El Gobierna cifra en más de 2.000 los irregulares que siguen en Ceuta tras entrada masiva de migrantes