Itxu Díaz
CRÓNICAS DE INVIERNO
Destellos de belleza que anuncian buena esperanza
En Galicia somos poucos, moi poucos, 2.731.406 habitantes e destes , segundo os datos oficiais do Instituto Galego de Estatística, o 16,5% son nenos e nenas, mozas e mozos estudantes, uns 450 mil, distribuídos nos distintos niveis de ensino. Son a mostra de que a sociedade está viva e o futuro asegurado. Son de Ensino Primario, de Ensino Secundario, de Formación Profesional, de Ensino Universitario, das distintas disciplinas e materias sobre as que se debe e se pode aprender.
O dicionario define ao estudante como "persoa que cursa estudios nun establecemento de ensinanza". Hai e non hai moitas diferenzas co que era na Idade Media, cando comezaron as universidades, como comunidades de mestres e estudantes orientadas ao ensino e tamén á produción de saber. Xa naquela época se facía investigación, a través dos debates, das discusións e polémicas xeradas en torno a determinadas temáticas. O home foi sempre creando coñecemento e transmitíndoo dunha xeración á seguinte, baseándose no esforzo e no traballo, nunca por xeración espontánea. Nunca!
Os estudantes, na actualidade, fan valer os seus dereitos e atenden diariamente os seus múltiples deberes, sabendo -como sabía Einstein- que "o estudo non é unha obriga, senón unha oportunidade". Unha oportunidade tamén para contribuír a un mundo mellor e máis xusto, para poder seguir soñando coa liberdade e para saber que liberdade é, fundamentalmente, responsabilidade. Unha oportunidade para facer que Galicia avance, que medre a súa capacidade produtiva de calidade, que se enraícen aquí os procesos de transformación e que se valore a riqueza natural, cultural, paisaxística, arquitectónica e artística que posúe esta terra.
Hoxe, no máis alto nivel de estudo, na maioría das universidades europeas, entre o estudantado, as mulleres son máis que os homes. Na Universidade de Santiago de Compostela, nos Campus de Lugo e de Santiago, son mulleres aproximadamente o 62%. O mesmo ocorre nas outras universidades do Sistema Universitario Galego. En todas, os estudantes, homes e mulleres, son o mellor delas, a riqueza do futuro. A bo seguro, serán quen de adquirir amplos coñecementos e as destrezas necesarias para aplicalos na práctica.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE INVIERNO
Destellos de belleza que anuncian buena esperanza
Pilar Cernuda
LAS CLAVES
¿Estamos preparados?
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Gobierno tiene un plan
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
A mi abuela
Lo último
AYUDAS EN LA CANTABRIA EXTERIOR
Ya se pueden solicitar las ayudas para la remodelación y equipamiento de las Casas de Cantabria en el exterior
LAS SEGUNDAS EN SOLITARIO
Castilla y León celebra este domingo sus elecciones autonómicas con un censo de 2.097.768 electores